OUFF + CINECLUBE PRESENTAN: NEDS, DE PETER MULLAN

18 / 01 / 2011

O Festival de Cine de Ourense en colaboración co Cineclube Padre Feijoo continúan coa súa programación cinematográfica dentro do programa Un espazo de Cine. En concreto, nesta ocasión, o filme proxectado será Neds, de Peter Mullan. O pase terá lugar mañá mércores ás 20.30 horas nun primeiro pase e ás 23.00 horas o segundo.

NEDS. Reino Unido, Francia, Italia, 2010. Cor, 124 min. Xénero: Drama | Dirección e guión: Peter Mullan | Produción: Alain de la Mata, Marc Missonnier e Olivier Delbosc (Blue Light / Fidélité Productions / StudioUrania) | Fotografía: Roman Osin | Montaxe: Colin Monie | Música: Craig Armstrong | Intérpretes: Conor McCarron (John), Gregg Forrest (John de neno), Joe Szula (Benny), Mhairi Anderson (Elizabeth), Gary Milligan (Canta), John Joe Hay (Fergie) | Versión orixinal con subtítulos en castelán.

PREMIOS

Festival de San Sebastián 2010 | Cuncha de Ouro e Mellor Actor

SINOPSE:

Glasgow, 1973. John McGill é un rapaz intelixente e sensible, pero vive nun entorno con poucas expectativas: a súa familia é pobre, o seu pai é un borracho violento, e os seus profesores están na súa contra polo historial delictivo do seu irmán. Como ninguén lle dá unha oportunidade, John deixarase arrastrar pola violenta vida da rúa, pasando de brillante alumno a delincuente xuvenil.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: