OS PROTAGONISTAS DO AUDIOVISUAL GALEGO NON SÓ TEÑEN ROSTRO FAMOSO

5 / 06 / 2004

Foi a noite do audiovisual, a noite do encontro de tódalas profesións que conforman e dan vida ó sector audiovisual. Actores e actrices, sonidistas, iluminotécnicos, maquilladores, decoradores, realizadores, directores, guionistas… todos, dende o rostro famoso que asoma pola pantalla ata os técnicos que fan posible que ese rostro forme parte dun conxunto de elementos que conforman o producto audiovisual, tiveron na noite do venres o seu día. Porque na “Festa dos Nominados” non houbo diferencias: todos eran protagonistas. OS PROTAGONISTAS DO AUDIOVISUAL GALEGO NON SÓ TEÑEN ROSTRO FAMOSO

A Festa dos nominados xuntou ós profesionais do sector

Foi a noite do audiovisual, a noite do encontro de tódalas profesións que conforman e dan vida ó sector audiovisual. Actores e actrices, sonidistas, iluminotécnicos, maquilladores, decoradores, realizadores, directores, guionistas… todos, dende o rostro famoso que asoma pola pantalla ata os técnicos que fan posible que ese rostro forme parte dun conxunto de elementos que conforman o producto audiovisual, tiveron na noite do venres o seu día. Porque na “Festa dos Nominados” non houbo diferencias: todos eran protagonistas. Faltaron algúns, pero a Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual estivo ben representada: Manolo Gómez, o seu presidente, Carlos Amil e Monty –recentemente incorporados-, MaríaLiaño, Carlos Carballo e Miguel Anxo Fernández.

Entregábanse os diplomas ós 4 nominados de cada unha das 25 categorías establecidas nas Bases dos Premios, e anque houbo protagonistas que por mor do tarballo non poideron recolle-lo seu, non faltaron voluntarios delegados para facelo. Agora só compre esperar a ese prazo que remata o 18 de xuño, para que se sele ante notario os sobres que serán abertos na “Gala dos Premios Mestre Mateo 03” o día 26 de xuño: aí saberemos quen é o gañador ou gañadora de cada categoría, tanto no que atinxe ós profesionais como ás empresas productoras e audiovsiuais en xeral.

Á “Festa dos Nominados”, que se celebrou no Cine Capitol de Santiago, non falataron coñecidos profesionais do público e esoutros que están detrás de cada producción audiovisual. Representantes de empresas como Voz Audiovisual, Lugo Press, Ibisa, Zénit Multimedia, Adivina Produciones, TVG, Lorelei Producciones, Filmanova, Fílmax, Zopilote, Faro TV, Continental, Consello da Cultura Galega, Dygra, Interacción, Saga, Egaci, Lúa Films, Máster en Creación e Comunicación, e Produccións do País de Nunca Máis, así como da Fundación Paideia, estiveron presentes noe vento. Profesionais como Carlos Amil –director de cine-, María Liaño –productora- Valentín Carrera, Ricky Morgade, Xosé Castro, Antonio Durán “Morris”, Manuel Cortés, Eva Fernández, Rosa Álvarez, Alfonso Hermida, Yolanda Castaño, Piti Sanz, o montador Guillermo Represa, Andrés Mahía… moitos e bos profesionais que fixeron da “Festa dos Nominados” un acto que andivo entre o glamouroso e o desenfado co que se visten de gala estes encontros dun sector que cada día, colle máis auxe no mundo cultural e económico galego.

Pois todos eles, volveranse a atopar o 26 de xuño, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, na Gala de entrega dos “Premios Mestre Mateo 03”. Unha gala que centra tamén todo o glamour do audiovisual galego, e toda a realidade dun sector que traballa pola súa consolidación no panorama audiovisual europeo.

Etiquetas: