O 27 de xaneiro remata o prazo para realiza-las alegacións dos socios, ás candidaturas presentadas ós Premios Mestre Mateo 04, candidaturas que foron presentadas xa nos meses de novembro e decembro pasados. O día 12 de xaneiro abríuse o prazo de alegacións ás mesmas. Unha das innovacións que incorporan as Bases dos Premios Mestre Mateo 04 respecto das edicións pasadas, é que non só as empresas productoras poden presentar candidaturas ós Premios, senón que tamén poden presentalas os profesionais, as televisións, as escolas…
OS PREMIOS MESTRE MATEO 04 CARECEN ESTE ANO DE XURADO: SERÁN OS PROPIOS SOCIOS DA ACADEMIA QUEN ELIXAN ÓS GAÑADORES

A Academia Galega do Audiovisual comezou xa o proceso de elección

Luns 18 de xaneiro de 2005.- O 27 de xaneiro remata o prazo para realiza-las alegacións dos socios, ás candidaturas presentadas ós Premios Mestre Mateo 04, candidaturas que foron presentadas xa nos meses de novembro e decembro pasados. O día 12 de xaneiro abríuse o prazo de alegacións ás mesmas.

Unha das innovacións que incorporan as Bases dos Premios Mestre Mateo 04 respecto das edicións pasadas, é que non só as empresas productoras poden presentar candidaturas ós Premios, senón que tamén poden presentalas os profesionais, as televisións, as escolas…

Tamén se incorporan outras novidades. Unha das máis importantes é que desta volta, son os socios da Academia Galega do Audiovisual quen elixirán o total dos gañadores en tódalas categorías convocadas, o que significa que non existirá Xurado como foi até agora. Ademais, poderán presentarse candudaturas a categorías profesionais, tódolos participantes de calquera producto, agás as curtamentraxes: até agora só podían presentarse os profesionais de longametraxes, películas de televisión, series ou programas de televisión.

Innovación fundamental tamén é o cambio de baremos establecidos até o momento para determiñar se unha producción é ou non galega: calquera traballo que se presente, terase en conta para a súa admisión o feito de que a versión orixinal sexa en língua galega. Esta incorporación complementa os requisitos establecidos en anos anteriores, como pode se-las porcentaxes tanto do capital por parte de empresas productoras galegas, como as porcentaxes do equipo técnico ou do equipo artístico, porcentaxes que varían segundo sexan os traballos presentados: longametraxes, telefilmes, series, programas de televisión, documentais, curtametraxes, produccións publicitarias e produccións interactivas. Tamén se poideron presentar tódolos profesionais –fosen ou non galegos- que traballasen nas produccións anteriores, sempre que estas cumpran cos requisitos esixidos nas Bases da Convocatoria.

Categorías establecidas

Son un total de 25 as categorías a las que se presentan las candidaturas a los Premios MM’04:

Mellor Longametraxe, Mellor Película de TV, Mellor Programa de TV, Mellor Serie de TV, Mellor Documental, Mellor Produción Interactiva, Mellor Produción de Publicidade, Mellor Curtametraxe de Ficción, Mellor Curtametraxe de Animación, Mellor Dirección de Produción, Mellor Dirección de Fotografía, Mellor Maquillaxe e Perruquería, Mellor Deseño de Vestiario, Mellor Dirección Artística, Mellor Montaxe, Mellor Son, Mellor Guión, Mellor Banda Sonora, Mellor Dirección, Mellor Realización, Mellor Comunicador de TV, Mellor Interpretación Masculina Protagonista, Mellor Interpretación Feminina Protagonista, Mellor Interpretación Masculina de Reparto, Mellor Interpretación Feminina de Reparto

Calendario dos Premios até a Gala

Seguindo o calendario destes premios, o vindeiro 31 de xaneiro enviaranse as papeletas de votación ós socios en primeira rolda de votacións, é dicir, a selección dos Nominados, rematando o prazo de recepción dos mesmos o día 15 de febreiro. A segunda rolda de votacións comezará o 21 de febreiro co envío das correspondentes papeltas de votación que permitan elixir ós finalistas, e o prazo de remate da recepción é o 8 de Marzo.

Coma sempre, até o día de celebración da Gala, non saberemos quen gañará en cada unha das 25 categorías, e ese día será o 13 de marzo.