Gran éxito da Gala de entrega dos Premios celebrados o sábado 26

Ó fin, soubémo-los gañadores dos Premios Mestre Mateo 03, no decurso da exitosa Gala celebrada o sábado 26 de xuño en Santiago, no Pazo de Congresos. Unha morea de profesionais déronse cita nesta Festa á que non faltaron os artistas, pero tampouco faltaron o amplo abano de profesións que integran o sector audiovisual, e outros, que representan a diversos sectores productivos da sociedade galega. Un éxito considerado máis que positivo, toda vez que a industria audiovisual vai sendo considerada como tal, e achega a el a moi diversos sectores sociais.
OS GAÑADORES DOS MESTRE MATEO 03

Ó longo da noite, o espectáculo guionizado por Cabezas Quentes e interpretado por eles mesmos (Toñito de Poi, Víctor Fábregas, Roberto Vilar) e por Evaristo Calvo e Xan Pérez, foi presentado por Javier Veiga, que continuou homenajeando o humor que foi a tónica dominante do evento. Pero todos eles deixaron desfilar a coñecidos rostros do mundo audiovisual, uns para entregar premios, e outros para recibilos.
E quen subiron a recollelo foron quen representaban ás Productoras ou os propios nominados, salvo excepcións, ausencias propiciadas por razóns profesionais.
Os gañadores en definitiva foron:

LONGAMETRAXE:
TRECE BADALADAS CONTINENTAL-TORNASOL FILMS-TVG – CASTELAO PROD. – ENSUEÑO
O LAPIS DO CARPINTEIRO FILMANOVA S.L.

PELÍCULA PARA TV:
SECUESTRADOS EN XEORXIA FILMANOVA S.L.

SERIE DE TV:
AS LEIS DE CELAVELLA VOZ AUDIOVISUAL S.A.

PROGRAMA DE TV:
GALICIA VISUAL ADIVINA PRODUCCIONES

DIRECTOR:
CARLOS AMIL BLANCA MADISON

REALIZADOR:
CARLOS SEDES/MARISOL TORRERIO TERRA DE MIRANDA

DIRECCIÓN DE PRODUCCIÓN:
MARÍA LIAÑO O LAPIS DO CARPINTEIRO
SECUESTRADOS EN XEORXIA

DIRECCIÓN ARTÍSTICA:
ANTONIO PEREIRA AS LEIS DE CELAVELLA

FOTOGRAFÍA / ILUMINACIÓN:
RICKY MORGADE AS LEIS DE CELAVELLA

MAQUILLAXE/ PERRUQUERÍA:
SUSANA VEIRA AS LEIS DE CELAVELLA

INTERPRETACIÓN MASCULINA:
LUIS TOSAR O LAPIS DO CARPINTEIRO
TRECE BADALADAS
O AGASALLO DE SILVIA

INTERPRETACIÓN FEMININA:
EVA FERNÁNDEZ AS LEIS DE CELAVELLA

ACTOR DE REPARTO:
ANTONIO MOURELOS AS LEIS DE CELAVELLA

ACTRIZ DE REPARTO:
MARÍA PUJALTE O LAPIS DO CARPINTEIRO

COMUNICADOR DE TV:
ALFONSO HERMIDA MEJUTO EN XOGO

BANDA SONORA:
NANI GARCÍA AS LEIS DE CELAVELLA

GUIÓN:
CHECHE CARMONA/ELIGIO R. MONTERO/PURI SEIXIDO AS LEIS DE CELAVELLA

MONTAXE:
GUILLERMO REPRESA O LAPIS DO CARPINTEIRO

SON:
ALBERTO BEADE O AGASALLO DE SILVIA

DESEÑO DE VESTIARIO:
MARTA ANTA/RUTH DÍAZ AS LEIS DE CELAVELLA

MELLOR PRODUCCIÓN DE PUBLICIDADE:
Estrella de Galicia – Voluntarios Continental Spot – Imaxe
MELLOR DOCUMENTAL
Muxía, Política na Costa da Morte Zopilote S.L.
MELLOR MULTIMEDIA
AVG. O soportal do Audiovisual Consello da Cultura Galega
Caixa On Dygrafilms S.L:

MELLOR CURTAMETRAXE DE FICCIÓN
O Derradeiro Grolo Servicios Audiovisuais Galegos SAGA TV

MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN
El Señor de los Mosquis Dygra Films S.L.