OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA UN CUARTO PROPIO

27 / 12 / 2011

Dende o martes 17 de xaneiro ata o 27 de marzo de 2012 de 19.00 a 21.00, o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa organiza un obradoiro de escritura creativa “Un cuarto propio” impartido por Pedro Ramos.

Orientado á persoas con interese pola literatura, profundizarase en conceptos coma a escritura clásica en tres actos, o personaxe, os diálogos e as descricións ou formas de mirar o cine e a literatura.

As clases comenzarán coa lectura dos traballos dos alumnos seguido dunha crítica constructiva por parte dos participantes e do coordinador. Garantizarase así a participación de cada un deles e o seu máximo aproveitamento.

Máis información en: http://www.macuf.es/htdocs/actividades_taller_escritura2012.html

Categoría: Noticias
Etiquetas: