Os vindeiros días 13 e 14 de abril José Luis Serzo impartirá o obradoiro de creatividade “La vida como relato”.

Procesos creativos cara a obra de arte total
(a través dunha plástica narrativa)
Serzo introduciranos no curso a través das súas rocambolescas e apaixonantes historias, para mostrarnos exemplos de como crear e abrir portas cara outros mundos de infinitas posibilidades, onde a nosa propia experiencia e vida serán susceptibles de converterse nunha apaixonante obra de arte.
Aprenderanse métodos sinxelos para iniciar a construcción dun universo paralelo cargado de significado, e tomaremos consciencia dos símbolos para utilizalos ó servizo dunha linguaxe universal a través da plástica.
Do mesmo modo introducirémonos, a través da súa nova serie “Los señores del bosque”, no mundo dos daimones na súa relación coa arte actual. Falaranos destes escorredizos seres fabulosos, que acompañaron ó ser humano desde os seus inicios, para utilizalos na actualidade como arquetipos psicolóxicos activos e reveladores, e que se prestan a utilizalos como fórmula creativa en distintos ámbitos do noso día a día.
No transcurso do obradoiro, entre outras cosas, aprenderase a dar forma ao noso daimon persoal (o cal podería funcionar como un álter ego) para introducilo nun proxecto narrativo-plástico.


Máis información en: http://www.macuf.es/htdocs/actividades_taller_vidaRelato.htm

http://www.joseluisserzo.com/