OBRADOIRO «COACHING PARA UN CASTING» IMPARTIDO POR ANDRÉS CUENCA E ELIANA SÁNCHEZ

28 / 06 / 2011

Dende a Asociación de Actores e Actrices de Galicia organizan un obradoiro en colaboración coa Escola de Interpretación de Madrid Central de Cine. “Coaching para un casting” é un obradoiro dirixido a actores e actrices que impartirán a coach e actriz Eliana Sánches e o director de casting Andrés Cuenca do 13 ao 17 de xullo no local anexo á sede da AAAG no Milladoiro.

Tedes información do obradoiro nos arquivos adxuntos así como na web www.aaag.es e pódese facer a inscrición a través do link http://aaag.es/?p=2812 ou a través do formulario adxunto ata o 6 de xullo ás 15.00h. 

Informámosvos ademáis  que continúa aberto ata o dia 30 o prazo de inscrición do Obradoiro para a Superación do Actor. http://aaag.es/?p=2789

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: