O ÚLTIMO DOCUMENTAL DE PATRICIA NOGUEIRA SE PRESENTA NA CORUÑA O XOVES 25

21 / 06 / 2009

O documental “San Salvador. Presos en Celanova” de Patricia Nogueira será presentado e visionado no Museo de Arte Contemporáneo de A Coruña o vindeiro xoves día 25 de xuño, en recordo a Celso Emilio Ferreiro, cando se cumplen trinta anos da súa morte.

A historia do poeta engaiolado na súa Longa noite de pedra, a do galeguista Elíxio Rodríguez ou a de Celso de Poulo, alcalde asasinado nos arredores de San Rosendo, forman parte da película.O acto terá lugar as 20:00 hras. no Museo de Arte Contemporáneo de A Coruña (MACUF) e contará coa colaboración do escritor e editor Miguel Anxo Fernán-Vello, o dramaturgo Gustavo Pernas e Celestino Poza, concelleiro de Cultura de Culleredo e presidente do Instituto de Estudios Políticos e Sociais, que intervirán na homenaxe e posterior faladoiro.

Categoría: Noticias
Etiquetas: