O SECTOR AUDIOVISUAL GALEGO DEFENDE A CREACIÓN DA 2ª CANLE DE TELEVISIÓN DE GALICIA

13 / 05 / 2004

“Unha 2ª canle na TVG é necesaria para reforzar máis a autoestima como país, e para ofrecer máis plataformas de proxección da producción que se fai en Galicia”. Esta podería se-la conclusión que unifica as distintas posicións mantidas no “Foro 2ª canle TVG” celebrado o xoves en Vigo, organizada pola Academia Galega do Audiovisual e ó que aistíu unha ampla representación tanto do sector audiovisual como cultural e político de Galicia.
O SECTOR AUDIOVISUAL GALEGO DEFENDE A CREACIÓN DA 2ª CANLE DE TELEVISIÓN DE GALICIA
Esta pode se-la conclusión do “Foro 2ª canle TVG”

Santiago, venres 23 de xaneiro 2004. “Unha 2ª canle na TVG é necesaria para reforzar máis a autoestima como país, e para ofrecer máis plataformas de proxección da producción que se fai en Galicia”. Esta podería se-la conclusión que unifica as distintas posicións mantidas no “Foro 2ª canle TVG” celebrado o xoves en Vigo, organizada pola Academia Galega do Audiovisual e ó que aistíu unha ampla representación tanto do sector audiovisual como cultural e político de Galicia.

Juanjo Guerenabarrena (“La otra” de Madrid), Jordi Serra (Tv de Catalunya), José Luis Blanco (ETB), Joaquín Durán (TV andaluza) e Carlos Carballo (TVG) protagonizaron o debate da xornada da mañá –moderada por Miguel Anxo Fernández, vicepresidente da A.G.A.-, que se centrou na exposición da experiencia das segundas canles das televisións autonómicas no Estado español. A existencia dunha cultura propia (casos de Euskadi e Catalunya) xustifican por si mesmas a existencia desa canlel, se ben no caso de Andalucía o seu portavoz, Joaquín Durán, afirmou que “temos contribuido notoriamente a levanta-lol sentimento de autoestima da nosa terra, e hoxe os andaluces están orgullosos da súa terra e da súa xente”. A creación dunha 2ª canle apóiase en distintas razóns: unhas, derivadas do servicio público que é, outras son razóns conducentes a xerar unha industria estable no sector audiovisual; diversificar e rendibiliza-la propia actividade, necesidades de mercado, foron parte desa ampla gama de motivos que sosteñen a demanda da puesta en marcha dunha 2ª canle autonómica.

O representante de Televisión de Galicia, coincidindo en boa medida coa postura mantida na xornada da tarde –moderada polo presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez- polo representante do PP e membro do Consello de Administración da Compañía de Radiotelevisión Galicia, José Luis Iravedra, afirmou que non era o momento de poñer en marcha esa 2ª canle, toda vez que non existe demanda para iso, ademais de non contar aínda coas condicións tecnolóxicas que permitan lanzalo de acordo coa realidade tecnolóxica que prima hoxe. Foi na xornada da tarde, na que estaban representadas as Productoras audiovisuais, o Consello da Cultura Galega, Guionistas, Escritores, Técnicos, Realizadores, Actores, e os partidos PsdeG-PSOE, BNG e PP, onde o debate estivo máis candente toda vez que, público y relatores –salvo o PP- manifestaron que “debe haber un confort audiovisual, ten que haber surtido, oferta, recolle-la pluralidade que hai na sociedade”, apoiando así a postura a favor desa 2ª canle. Todos coincidiron en que “tampouco había demanda explícita hai 20 anos para crear unha canle autonómica, e sen embargo creouse. ¿Hai que debatir se é necesaria ou non unha Seguridade Social, un AVE…? Toda vez que son servicios públicos, non se cuestiona a súa necesidade senón que se da por existente anque esta non sexa explícita”.

Representantes de distintas productoras puxeron de manifesto que actualmente, nin en Prado del Rey nin en Europa, o sector audiovisual galego existe, e iso supón un grande obstáculo para consolida-la emerxente industria audiovisual galega. “Se o goberno autonómico recoñece que o audiovisual galego é un sector estratéxico e prioritario, ¿onde está a actuación que o confirma?”, dicían os participantes. Outra afirmación na que coincidiron todos, salvo o Partido Popular, é que “poñer en marcha unha 2ª canle en TVG, é unha decisión política, é somentes cuestión de vontade política”.

Categoría: Noticias
Etiquetas: