«O NENO DE BARRO» COMPETIRÁ NO FESTIVAL DE CINE LATINO DE NOVA YORK

2 / 06 / 2008

«O neno de barro» de Adivina Producciones continúa o seu amplo percorrido polos diversos festivais internacionais. Está vez chegará á gran mazá da man do New York International Latino Film Festival que se celebra do 22 ao 27 de
xullo e que está promovido pola canle HBO.
Ademais da película de Algora, só tres máis compiten na sección oficial a longametraxe: Dreamer de Ralph López, Red Canyon de Giovanni Rodríguez e Tales from the dead de Jason Cadrado.

Desta forma «O neno de barro» reencontrarase co publico latino de EEUU tras participar na sección oficial do Festival de Cine Latino de Chicago do 2008.

Categoría: Noticias
Etiquetas: