O Director de Contidos Dixitais en Globomedia, Javier Méndez explicará aos alumnos de CICA (Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais) o mercado dos formatos para os Novos Media, o vindeiro venres 23 de xaneiro.
Méndez é executivo dunha das productoras de contidos máis importantes de España, Globomedia que foi a primeira en realizar unha serie de televisión para móbiles Los Supervillanos. Ademais é experto na distribución de contidos en soportes dixitais alternativos.

Coñecer as claves para facer marcas dos produtos televisivos será outra das cuestións que os alumnos de CICA van traballar durante esta xornada. As productoras empezan a producir contidos para diferentes canles, de tal forma que unha mesma serie televisiva poderase vender en múltiples medios e dispositivos electrónicos.

O sábado 24 de xaneiro Fernando Piquer, profesional que leva máis de 10 anos vinculado ao mundo do entretenimiento online, comentará o mercado do Videoxogo. Actualmente é socio fundador de Bitoon Entertainment, compañía dedicada á creación de xogos multixogador e comunidades online con modelos de negocio alternativos tales como a venda de bens virtuales.