O FESTIVAL AMAL RECIBE MEDIO CENTENAR DE PELÍCULAS NUN MES, A MAIORÍA PRODUCCIÓNS DE FICCIÓN

2 / 03 / 2010

O ‘Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal’ recibiu medio centenar de traballos dende o pasado 28 de xaneiro, data de apertura do prazo de inscrición. Polo de agora, o xénero de ficción é maioritario entre as produccións que optan a participar na octava edición do Festival, que se celebrará en Santiago de Compostela entre o 23 e o 31 de outubro de 2010.

Marrocos e Palestina lideran a lista dos países de orixe, seguidos por Siria, os Emiratos Árabes, Líbano, Irak, Xordania ou Exipto. Por outra banda, é significativo o número de coproduccións e produccións europeas, chegadas dende países como Bélxica, Alemania, Francia ou España.

O prazo para participar na VIII edición do Festival Amal continuará aberto ata o vindeiro 15 de xuño. As bases están dispoñibles na web www.amalfestival.com. Como novidade, este ano a inscrición pode realizarse online.

Outra das novidades é a celebración das ‘Mostras Amal’, unha iniciativa que pretende difundir e promover o cine árabe máis aló do mes de outubro. O pasado sábado 27 de marzo comenzou, no Campo de Refuxiados de Balata, a Mostra Amal en Palestina, coa proxección do documental libanés “O pobo dun solo home”. Dirixido por Simón el Habre, a peza foi recoñecida ex aequo na pasada edición de Amal co premio á Mellor Longametraxe Documental, xunto a “Checkpoint Rock, cancións dende Palestina”.

A Mostra continuará ata o mes de maio con distintas proxeccións na Universidad de An-Najaha, en Nablus, a Librería Educativa de Jerusalén, Dar al-Nadwe, en Belén e o propio Campo de Refuxiados. Ademáis, están confirmadas outras Muestras Amal en Buenos Aires, Vigo y Toledo.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: