O ENTORNO COMPETITIVO DO MERCADO AUDIOVISUAL ESPAÑOL, NO CICA DA CORUÑA

2 / 01 / 2009

A Directora de Relacións Internacionais da Federación de Asociacións de Productores Audiovisuais Españois (FAPAE), María José Vadillo, vai estar cos alumnos de CICA (Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais) para contarlles o entorno competitivo español e as principais feiras e mercados audiovisuales internacionais.
Nos últimos anos os produtos audiovisuais españois ademais de comercializarse en mercados europeos están buscando unha apertura aos mercados asiáticos.

As vendas internacionais dos produtos audiovisuales españois diríxense principalmente aos mercados de Europa e de Estados Unidos. Asia, en terceiro lugar, representa un 11 por cento das exportacións, seguido de América Latina, cun 10 por cento, segundo datos de FAPAE de 2005.

O vindeiro venres, día 16 de xaneiro Mª José Vadillo explicará en MPXA as medidas necesarias para ter un nivel moi alto respecto das expectativas comerciais e cales son os mercados imprescindibles aos que se debe acudir.

Categoría: Noticias
Etiquetas: