José Manuel Novoa, socio de Explora Films, productora cun largo percorrido na creación de documentais, imparte estes días clase no I Curso de Creación e Guionización de Documentais que organiza o MPXA (Máster en Producción e Xestión Audiovisual) en colaboración coa TVG, Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, Axencia Audiovisual Galega e a Universidade da Coruña.

Dirixiu El señor de Sipán, unha longametraxe sobre os últimos días de éste que mostra ó mesmo tempo os traballos arqueolóxicos que se están levando a cabo. Escribiu e dirixiu numerosos documentais desta natureza como Los caballeros de la gran sábana, Bueti, Los últimos paraísos, El tercer planeta, Mundos perdidos, Chamán, la medicina del alma, Alas para la historia e numerosos documentais, series e longametraxes de temática etnográfica.

Xa con 19 anos, José Manuel Novoa foi enviado especial ó conflicto bélico Libia-Exipto. Dende entón, non parou de viaxar por todo o mundo: Amazonas, Sahara, Marruecos, Venezuela, Brasil, Colombia, Perú, Bolivia, Estados Unidos, Argelia, Canadá, Túnez, Togo, Gabón, Benin, Ghana.

Como periodista, ten participado e colaborado con multitude de revistas e radios, entre elas, “Actualidad española”, “Viajar”, “Corten”, Dominical de “El País”, “Cambio 16”, “Figaro”, “Geo”, Cadena COPE, Diario 16, Cadena Ser e Radio Nacional.