Esta semana estarán Joan Ubeda e Luis Miguel Domínguez no I Curso de Creación e Guionización de Documentais que organiza o Master en Producción e Xestión Audiovisual (MPXA) en colaboración con TVG, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, Axencia Audiovisual Galega e a Universidade da Coruña.
Joan Ubeda é director de Media 3,14, a empresa responsable de documentais en Mediapro. A súa carreira televisiva comeza en TV3. Formou parte do equipo fundador de “30 minuts”, e posteriormente desenrolou e dirixiu con Francesc Escribano series de espíritu documental con formato innovador, como “Ciutadans”, “El cangur”, “Les coses com són”, “Vides privades” o “Bellvitge hospital”. En 1999 integrouse en Mediapro, onde creou e dirixiu numerosas series, producindo documentais como “El 23-F desde dentro” (Premio Ondas 2001), “El tour de los hombres íntegros” e “Aúpa Pafadnam!”. Entre os diversos galardons que recibiu destacan o Premio Nacional de Cultura 2000 (Xornalismo), e dos premios Ondas Internacionales (1994, 1996).

Luis Miguel Domínguez contará ós alumnos deste curso o mellor modo de gravar a natureza .Director de Avatar Producciones, dirixiu en TVE a serie documental “Vive la Vía”, además de ter traballado como director e presentador da serie “Vietnam, vida tras la muerte” (serie finalista no Festival de TV de Nova York); “Fauna callejera; El toro amigo”, documental que, ademáis, tamen guionizou. En Antena 3, participou como director e presentador do espacio de natureza no programa “El Show de los récords” e da sección semanal no magazine “Sabor a ti”, titulada “El naturalista en casa”. Dirixiu e presentou a serie Amazonia, última chamada, producida por Canal + e TVE; a serie de Telemadrid “De campo y sin merienda”, o programa de natureza e medio ambiente -de carácter conservacionista-, “La mirada de Anselmo”, en Localia TV e a docuserie Naturalistas, en Cuatro.