O Consorcio Audiovisual de Galicia acudirá o vindeiro mes de outubro ao MIPCOM ‘08 que terá lugar na cidade de Cannes do 13 ao 17 dese mes. Como en anteriores ocasións habilitarase un stand-paraugas xunto co resto de institucións españolas (ICEX, FAPAE, Catalan Films & TV, PromoMadrid, Extenda, Eiken-Basque Audiovisual e Rexión de Murcia.
Este ano, España é o país invitado neste mercado e vanse celebrar distintas actividades e eventos dentro do programa Focus on Spain. O Consorcio Audiovisual de Galicia e a TVG están a traballar na promoción do audiovisual galego neste escaparate, o máis importante no mercado de produtos televisivos e novas tecnoloxías.

Así mesmo, do 11 ao 12 de outubro terá lugar o MIPCOM JUNIOR no Hotel Carlton.

Máis información: Consorcio Audiovisual de Galicia, Telf 981-545098.