O Consello de Administración da CRTVG constituído  para a actual lexislatura organiza un encontro coas universidades galegas sobre os estudios do audiovisual que se van impartir nas aulas coa implantación dos novos métodos docentes do denominado plan Bolonia, e a súa adaptación ás necesidades do sector audiovisual de Galicia. 

Este encontro terá lugar o xoves, día 9 de xullo, a partir da 16,30 horas, no salón de plenos do Consello de Administración, nas instalacións da Compañía Radio Televisión de Galicia en Bando, San Marcos.  

Na xornada participarán os decanos das tres facultades galegas de comunicación nas que se imparte a Licenciatura de Comunicación Audiovisual, de acordo co seguinte programa: 

16.30 horas: Miguel Túñez, Decano da Facultade de Ciencias da Comuniación da USC.

17.30 horas: Fortunato Rodríguez, Vicedecano da Facultade de Ciencias da Comunicación e CC.SS. da Universidade de Vigo.

18.30 horas: José Videla, Decano da Facultade de Comunicación da Universidade de A Coruña.

19.30 horas: María José Arrojo, Directora do Master de Audiovisuais da Escola de Medios de La Voz de Galicia. 

A xornada está dirixida especialmente ós membros do Consello de Administración e directivos da CRTVG, así como ós responsables de institucións ou empresas relacionadas co audiovisual que estean interesados en coñecer a preparación dos futuros dirixentes do audiovisual en Galicia.