O vindeiro xoves 27 de novembro celebrarase a antepenúltima sesión das Xornadas “O futuro da industria da Comunicación”, baixo o título «O negocio da comunicación», que permitirá coñecer o que se agocha no mundo de comunicación dende a óptica empresarial.
Ofreceranse as visións de Europa e América Latina a través dos relatores Eduardo Madinaveitia, director xeral técnico de Zenith Media, ás 17:00 horas, e o xornalista e deputado arxentino Miguel Bonasso., ás 20:00 horas.

As xornadas están organizadas polo Club Internacional de Prensa de Galicia e terán lugar na Fundación Caixa Galicia de Santiago.