O Cluster Audiovisual Galego organiza tres cursos de formación nos meses de novembro de decembro, baixo os títulos: Curso básico de prevención de riscos laborais orientado ao sector audiovisual, Curso de especialización en Multimedia Home Plataform (MHP) e Seminario de financiamento no sector audiovisual.
O curso de riscos laborais ten carácter semipresencial e dura 50 horas en total (4 presenciais, que se celebran o 18 de novembro); o curso de MHP arribnca o 24 de novembro , dura 40 horas e as clases terán lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, e, finalmente, o seminario práctico de financiamento audiovisual terá lugar o día 27 de novembro no Centro Social e Financeiro Caixanova na cidade da Coruña.

Para o curso de MHP requírese un perfil técnico polo que é necesario que os participantes teñan coñecementos na linguaxe de programación JAVA. É axeitado para programadores, analistas, deseñadores de software e/ou profesionais que traballen en empresas relacionadas ou interesadas na programación interactiva para televisión.

Máis información no Cluster Audiovisual Galego.