O CLAG CELEBRA EN SANTIAGO A V EDICIÓN DAS SESIÓNS TÉCNICAS COA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

1 / 12 / 2009

Mañá 2 de decembro terá lugar na Fundación CaixaGalicia de Santiago de Compostela a V edición das Sesións Técnicas coa Administración autonómica, que organiza o CLAG. Está prevista a participación de Fernando Rodríguez Madriñán, director de programación de TVG; Pedro Caldas, subdirector de Programas de Acceso ao Crédito do IGAPE, Juan Carlos Fasero, director xeral de Agadic; Fernando Gil, da Subdirección Xeral da Sociedade da Información e Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios.

A V edición das Sesións Técnicas do CLAG coa Administración autonómica, que anualmente se convocan como un foro de encuentro bilateral entre as empresas do sector e la administración, con presencia interdepartamental das distintas instancias da Xunta con competencias no audiovisual, tanto do ámbito económico, como industrial e cultural, terán lugar o vindeiro mércores na Fundación CaixaGalicia en Santiago.

A sesión comezará ás 10.00 horas, e será inaugurada polo presidente do CLAG, Antón Reixa. Na mesma participarán: Fernando Rodríguez Madriñán, director de programación de TVG; Pedro Caldas, subdirector de Programas de Acceso ao Crédito do IGAPE, Juan Carlos Fasero, director xeral de Agadic; Fernando Gil, da Subdirección Xeral da Sociedade da Información e Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios .
 
Estas sesións están abertas a todas as empresas do sector. Para asistir é necesario inscribirse enviando un correo a administracion@clag.es .

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: