O CINEASTA BRASILEÑO FERNANDO SPENCER PARTICIPA MAÑÁ NO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL

17 / 12 / 2004

O director de cine brasileño Fernando Spencer, participará mañá na derradeira xornada do II Congreso Galego Audiovisual, para falar do cine documental e das características que este ten en países coma o Brasil, ademais de proxectar varios dos traballos, curtametraxes, que leva dirixido sobre temáticas coma o antroido pernambucano –sobre o que realizou cinco curtas-, ou o cine no mundo do Recife, sobre o que realizou catro. Varias destas curtametraxes serán proxectadas mañá dentro do apartado de proxeccións.
O CINEASTA BRASILEÑO FERNANDO SPENCER PARTICIPA MAÑÁ NO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL

Leva realizadas máis de 40 produccións cinematográficas, fundamentalmente do xénero documental

Santiago, venres 17 decembro 2004.- O director de cine brasileño Fernando Spencer, participará mañá na derradeira xornada do II Congreso Galego Audiovisual, para falar do cine documental e das características que este ten en países coma o Brasil, ademais de proxectar varios dos traballos, curtametraxes, que leva dirixido sobre temáticas coma o antroido pernambucano –sobre o que realizou cinco curtas-, ou o cine no mundo do Recife, sobre o que realizou catro. Varias destas curtametraxes serán proxectadas mañá dentro do apartado de proxeccións.

Fernando Spencer foi fundador e o primeiro presidente do Grupo de Cinema Super 8 de Pernambuco a finais dos anos 70, así como director cultural deste mesmo grupo até comezos dos 80, e videpresidente de varias institucións como a ABD/Apeci Seçao de Pernambuco e da Fundación Nordestina de Cinema. Coproducíu Coisas nossas-Cinema Pernambucano, e unha chea de actividades máis até que no 1980 foi nomeado director da Cinemateca da Fundaçao Joaquim Nabuco.

É un cineasta preocupado por facer cine, pero non facelo por facer, senón que documenta e recrea artisticamente as cousas da cultura da zona do Recife do Brasil, a da cerámica de Caruarú ou da música de Nelson Ferreira, segundo escribía o crítico Sebastiao Vila Nova no Diario de Pernambuco. Acadou tamén importantes premios ó longo da súa traxectoria, e actualmente, segue a ser, xunto a outros artistas brasileños, un dos loitadores heróicos dos que fixeron o Ciclo de Recife. Ten ademais varios libros publicados tendo como temática fundamental, o cine.

Categoría: Noticias
Etiquetas: