O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) acolle a proxección da longametraxe ‘¿Qué culpa tiene el tomate?’, a obra gañadora do premio á mellor longametraxe documental na VIII edición dos galardóns galegos do audiovisual.

A peza dirixida por sete directores distintos de sete países latinos. En España a rodaxe foi dirixida por Jorge Coira. O visionado, de pase gratuito, terá lugar o xoves 27 de maio na sede do centro na Coruña, Rúa Durán Lóriga, 10, a partir das 20.30 horas da tarde e estará precedido pola presentación da produtora Fernanda del Nido e o director español, Jorge Coira.

Esta iniciativa enmárcase no ciclo de proxeccións das obras gañadoras dos PMM 09, acordo acadado entre a Academia Galega do Audiovisual e o Centro Galego de Artes da Imaxe para promocionar e difundir as producións galegas do último ano.

Na fin de semana o CGAI pasará a obra premiada nos PMM 09 na categoría de Documental – ‘Mulleres da raia’, 29 de maio-.

Dirección: Alejo Hoijman (Argentina), Marcos Loayza (Bolivia), Josué Méndez (Perú),

Carolina Navas (Colombia), Paola Vieira (Brasil), Alejandra Szeplaki (Venezuela) y Jorge Coira (España); Edición xenal: Alejo Hoijman; Produtores executivos: Fernanda del Nido, Hugo Castro Fau; Coprodución: Marcos Loayza, Enid Campos, Carolina Barrera, Rodrigo Letier, Daniel Jerozolimski.

Sinopse:

Sete países. Sete mercados populares. Sete culturas diferentes. Sete directores. Sete miradas distintas. ‘¿Qué culpa tiene el tomate?’ é unha longametraxe documental observacional na que participan 7 directores iberoamericanos, que a través dos seus mercados populares envólvennos nas súas diferentes culturas e formas de vida.