O Centro Galego de Artes da Imaxe estrea mañá venres 6 de maio (dous pases: 18.00 e 20.45 horas) a película francesa dirixida por Mia Hansen-Love EL PADRE DE MIS HIJOS (2009) con carácter de estrea. A proxección terá lugar simultaneamente en diversos puntos de España.     

LE PÈRE DE MES ENFANTS / EL PADRE DE MIS HIJOS    
(Francia, 2009)
Dirección e guión: Mia Hansen-Love. Produción: Les Films Pelléas, arte France Cinéma e 27 Films Production. Fotografía: Pascal Auffray. Intérpretes: Louis-Do de Lencquesaing, Chiara Caselli. Duración: 110 minutos.
As dificultades vitais dun produtor de cine con muller e tres fillas. A nova película da directora e guionista francesa Mia Hansen-Love é un relato depurado, intenso, conmovedor e ben axustado. Logo de Tout est pardonné (2007) –tamén proxectada no CGAI-, segunda longametraxe da tamén actriz e guionista Mia Hansen-Love, excelente análise dun proceso de (auto)destrucción ao tempo que aguda disección do tecido familiar premiada en Cannes (Un certain regard).