O CGAI ESTREA A 57 EDICIÓN DO FESTIVAL AMIGOS DE LA ÓPERA

15 / 09 / 2009

O Centro Galego de Artes da Imaxe comezou onte luns día 14 de setembro o ciclo “57 Edición Festival Amigos de la Ópera” coa proxección de Adiós a mí concubina de Chen Kaige. En colaboración co Festival de Ópera celebrado na cidade da Coruña pola asociación “Amigos de la Ópera” catro películas representativas das relacións entre o cine e a ópera que abarcan desde a biografía artística, a aproximación á ópera filmada, o filme colectivo cheo de variedade formal e narrativa e a ópera como contexto histórico, cultural, entorno inmediato. A entrada a todas as sesións é gratuíta. 
LUNS 14 de setembro (20.30 horas):

BA WANG BIE JI / ADIÓS A MI CONCUBINA    
(China-Hong Kong, 1993)
Dirección: Chen Kaige. Guión: Lei Bik-wa, Lu Wei e Lee Lilian, sobre a obra de Lee Lilian.
Produción: Beijing Film Studio, China Film Co-Production Corporation, Maverick Picture Company e Tomson Films. Fotografía: Gu Changwei. Intérpretes: Cheung Leslie, Zhang Fengyi. Duración: 170 minutos.
A vida de dous actores da Ópera de Pequín permite reconstruír cincuenta anos de Histoira de China, desde os anos 20 ata os anos 70, con episodios como a invasión xaponesa e a propia creación da República Popular de China. Adaptación da novela de Lilian Lee feita con medios, un dos filmes asiáticos máis aclamados no seu momento, capaz de obter a Palma de Ouro e o premio FIPRESCI en Cannes, o Globo de Ouro, o BAFTA, así como dous nomeamentos ao Óscar.
 
MARTES 15 de setembro (20.30 horas):
GAYARRE    
(España, 1958)
Dirección: Domingo Viladomat. Guión: Ignacio Aldecoa, José Luis Madrid e Enrique Fernández Sintes. Produción: Sintesis Films S.L. Fotografía: Alejandro Ulloa. Intérpretes: Alfredo Kraus, Luz Márquez, Adriano Domínguez, Pastor Serrador. Duración: 108 minutos.
Aproximación á vida do gran tenor español Julián Gayarre (1844-1890), nado en El Roncal (Navarra) e dotado dunhas excepcionais condicións para o canto. Partindo das complicacións para abrirse paso nos seus inicios, dificultadas pola súa orixe humilde, que o levan a exercer diversos oficios (pastor por raíces familiares, dependente, ferreiro), a súa combatividade por conseguir axuda para educar a voz, finalmente, lévao a unha carreira de éxitos, aclamado en todo o mundo ata a súa tráxica e prematura morte. Relato biográfico e musical que se desvía da produción cinematográfica maioritaria da súa época brindándolle a Alfredo Kraus unha das súas escasas oportunidades fílmicas. A película, con 15 temas a cargo de Kraus, integra con lucidez tradicións populares da arte lírica e obras máis sofisticadas.    
 
MÉRCORES 16 de setembro (20.30 horas):
ARIA     
(Gran Bretaña, 1987)
Dirección: Robert Altman, Bruce Beresford, Bill Bryden, Jean-Luc Godard, Derek Jarman, Frank Roddam, Nicolas Roeg, Ken Russell, Charles Sturridge e Julien Temple.
Guión: Robert Altman, Bruce Beresford, Don Boyd, Bill Bryden, Louis de Cahusac, Derek Jarman, Philippe Quinault, Frank Roddam, Nicolas Roeg, Ken Russell, Charles Sturridge e Julien Temple. Produción: Don Boyd. Fotografía: Gabriel Beristain, Caroline Champetier, Frederick Elmes, Harvey Harrison, Christopher Hughes, Pierre Mignot, Mike Southon, Dante Spinotti, Oliver Stapleton e Gale Tatterstall. Intérpretes: John Hurt, Theresa Russell, Beverly D´Angelo. Duración: 90 minutos.
Dez coñecidos directores realizan esta película colectiva, formada por pequenas pezas sobre arias de óperas de compositores míticos, desde Verdi ou Wagner a Puccini. Alternancia de tons nun conxunto tan insólito como estimulante.     
 
LUNS 21  de setembro (20.30 horas):
DON GIOVANNI     
(Italia-Francia-RFA, 1979)
Dirección: Joseph Losey. Guión: Patricia Losey, Joseoh Losey e Frantz Salieri, sobre unha idea de Rolf Liebermann e un libreto de Lorenzo da Ponte. Produción: Opera Film Produzione, Antenne 2, Caméra One, Gaumont, Filmproduktions Janus GmbH, E.C.L. Film e Opéra National de Paris. Fotografía: Gerry Fisher. Intérpretes: Ruggero Raimondi, John Macurdy. Duración: 180 minutos.
Venecia, século XVII. Don Giovanni é un seductor sen escrúpulos que atrae sobre el o odio e o desexo de vinganza de poderosos inimigos, aínda que el mesmo non o descobre ata que xa é demasiado tarde..Premios César e David di Donatello, con intervencións dos cantantes José Van Dam e Teresa Berganza, un dos últimos filmes do represaliado pola caza de bruxas estadounidense exiliado en Europa Joseph Losey (El sirviente, Rey y Patria) baseado na ópera homónima de Mozart.

Categoría: Noticias
Etiquetas: