O CGAI COMEZA NOVOS CICLOS CO CAMBIO DE MES

28 / 02 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe inicia mañá martes día 1 de marzo a programación do mes de marzo coa proxección -con carácter de estrea- de “Exit through the gift shop” (2010) de Banksy, o célebre artista do graffiti de identidade oculta. 

Estes son os ciclos do mes:

*ESPECIAL PUNTO DE VISTA. En colaboración co Festival de documental navarro, O ciclo Heterodocsias rewind con cine español dos anos 30-50 (inclúe El Andamio) máis títulos estadounidenses de Thom Andersen (Get out of my car) ou Thomas Camenford (theindian boundarie line)

*La Noche Que No Acaba: Ava Gardner E España. Proxección da película de Isaki Lacuesta complementada polos filmes rodados por Ava Gardner en
España ou relacionados co noso país: Pandora Y El Holandés Errante, La Condesa Descalza E Un Ángel Vestido De Rojo.

*CGAI 20 aniversario. O 15 de marzo cumprense 20 anos do CGAI. Ese día proxección da produción galega Todos Vós Sodes Capitáns de Oliver laxe.
Durante esa semana sesións dedicadas ao NO-DO, ás restauracións realizadas (La Casa De La Troya, 1924, con música en directo) e o filme experimental Decasia de Bill Morrison.

*POLICIAL FRANCÉS. Selección a modo de recorrido histórico polo cine policial francés (Polar): Titulos de Clouzot (Quai Des Orfevres, 1947) ,
Becker (No Toquéis El Dinero / Touchez Pas Au Grisbi, 1954), Melville (Círculo Rojo) ou Xavier Beauvois (Le Petit Lieutenant, 2005).

*Fóra de serie: estreas de exit through the gift shop y Poetry.

*CGAI Júnior: EL CHICO de Charles Chaplin

*Off Galicia: homenaxe ao falecido director gallego Eloy Lozano (1953-2010).

1 DE MARZO (18.00 e 20.45 horas):

Exit through the gift shop
(Reino Unido, 2010)
Dirección: Banksy. Produción: Paranoid Pictures. Fotografía: Eric Coleman, Brian Cross, Jerry Henry e Todd Mazer. Intérpretes: Banksy, Thierry Guetta, Rhys Ifans (narrador). Duración: 87 minutos.
Gurú mundial do graffiti e a arte urbana, con obras dun confín a outro –de Nova Orleáns a Cisxordania- Banksy é, porén, un artista anónimo, de identidade descoñecida. Un comerciante francés afincado en Los Angeles, Thierry Guetta, decide facer unha película sobre arte urbana, retratando artistas como o propio Banksy, Space Invader ou Shephard Fairey. Banksy dálle a volta á situación e comeza a gravar a Guetta, que entra no universo da arte urbana co alias de Mr. Brainwash. Reflexión sobre a arte, a pelexa entre o popular e as nocións de elitismo, as lindes de ficción e non ficción, así como a mercantilización da arte na nosa época. Aparicións (sen acreditar) de Jude Law, Angelina Jolie, Brad Pitt ou Noel Gallagher.   

Categoría: Noticias
Etiquetas: