‘O AGASALLO DA PACHAMAMA’ PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL DE CINE DE OURENSE

29 / 07 / 2010

‘O Agasallo da Pachamama’, unha coprodución xaponesa boliviana e dirixida polo neoiorquino Toshifumi Matshuita, é a película que se proxecta mañá venres dentro do ciclo Baixo as Estrelas de Ourense, organizado polo Festival de Cine de Ourense e a Concellaría de Cultura.

O filme ambiéntase no salgar de Uyuni, onde a comunidade segue ancorada nos costumes do traballo na terra que a leva alimentando durante séculos. Un adolescente de 13 anos experimenta a súa primeira viaxe coa caravana de llamas mentres leva o sal a outras rexións para intercambialo por outros produtos do val. Un canto á natureza e á condición humana que mereceu o Premio Especial do Xurado na pasada edición do Festival de Cine de Ourense.

Categoría: Noticias
Etiquetas: