O 30 DE NOVEMBRO E 1 DE DECEMBRO, FORO ACADEMIA ABERTA 06: 16 HORAS PARA AFONDAR NA CINEMATOGRAFÍA DIXITAL E OS SEUS PRIMEIROS PASOS

8 / 11 / 2006

Estes Encontros tentan amosar cómo se desenvolve o traballo cinematográfico nos entornos dixitais emerxentes. Queremos, dun xeito global, amosar tódolos procesos necesarios, tanto na pre-produción, a rodaxe e a posprodución para a realización dunha película longametraxe, se ben estes procesos tamén se poden aplicar a outros formatos como as TV movies, series ou documentais.
O 30 DE NOVEMBRO E 1 DE DECEMBRO, FORO ACADEMIA ABERTA 06: 16 HORAS PARA AFONDAR NA CINEMATOGRAFÍA DIXITAL E OS SEUS PRIMEIROS PASOS
Como cada ano, o Foro rematará coa Cea Anual d@s soci@s da Academia Galega do Audiovisual, organizadora do evento, e a Entrega da Medalla de Ouro.

P R E S E N T A C I Ó N

Estes Encontros tentan amosar cómo se desenvolve o traballo cinematográfico nos entornos dixitais emerxentes. Queremos, dun xeito global, amosar tódolos procesos necesarios, tanto na pre-produción, a rodaxe e a posprodución para a realización dunha película longametraxe, se ben estes procesos tamén se poden aplicar a outros formatos como as TV movies, series ou documentais.
Do mesmo xeito desenvolveremos unha mesa redonda onde estean representados tódolos procesos que conleva o dixital, dende a produción ata a distribución.

C O N T I D O S E T E M P O R A L I Z A C I Ó N

O Encontro terá unha duración de 13 horas divididas en sesións de entre 4 e 5 horas de duración e en dúas xornadas de traballo correspondentes ó día 30 de Novembro e 1 de Decembro deste 2006. Os contidos das sesións son:

Día 30. Sesión de mañá: de 09.00h a 14.00h: Neste Encontro presentaremos os test realizados coa cámara dixital de ARRI D20, empregada por primeira vez en España durante o TEA 2006. Estas probas son test técnicos fotográficos que analizan aspectos como a actitude, a resolución ou a cór. A presentación correrá a cargo de Alfonso Parra (a.e.c.).
Despois desta presentación abrirase un debate sobre as probas, así como sobre a preparación das rodaxes en soporte dixital, e para elo contaremos coa presenza de Pol Torrents, director de Fotografía que amosará os test realizados para a rodaxe da película Salvador; Joan Riedweg, realizador e produtor que amosará algúns dos seus traballos realizados en soporte dixital dende 4K ata HDV e con Suso Bello, director de Fotografía que ten desenvolvido o seu traballo igualmente nos entornos dixitais.

A continuación detallamos algúns aspectos a tratar na Mesa:
-Preparación da rodaxe en dixital: elección da cámara: ¿qué factores determinar elixir un soporte ou outro?. Condicións técnicas(resolución, profundidade de cór, compresión, liñal versus logarítmico, etc) e económicas. Probas Técnicas
– Deseño da fotografía dixital: ferramentas da cámara. Menús. Iluminación.
– Efectos Especiais. Os problemas de resolución, compresión e cuantificación.
– As probas artísticas. Vestiario e Maquillajes no mundo dixital.

Día 30. Sesión de tarde de 16.00h a 20.00h: Nesta Mesa de Encontros pretendemos amosar cómo se desenvolve o proceso fotográfico na posproducción. Na Mesa estarán:

– O director de fotografía, Alfonso Parra (a.e.c.) (moderador)
– Posproductor Digital, Ricardo Gómez de Kinema
– El laboratorio digital, Juanjo Carretero de Fotofilm/deluxe
– Posproductor Digital, Tiago Herbert de Aldea Films

Algúns aspectos a desenvolver no Encontro: qué é e cómo funciona o laboratorio dixital: procesos e necesidades.
A relación do laboratorio dixital co analóxico tradicional.
As tendencias (2K,4K. sistemas de almacenamento, formatos de arquivos ¿hai estándares?, etc)
El etalonaje digital: necesidades, herramientas, procesos. Sistemas de trabajo.
A composición 2D e 3D. Ferramentas. Necesidades de rodaxe e de laboratorio. Profundidade de cór. Resolución. Monitores e proxectores digitais.

Día 1. Sesión de mañá: de 10.00h a 14.00h: Mesa Redonda sobre a cinematografía digital: situación actual, previsións de futuro.

– Director de Fotografía, Alfonso Parra (a.e.c.) (moderador)
– Director de Fotografía, Paul Torrents
– Realizador e productor, Joan Riedweg
– Posproducción Dixital, Chema Remacha Kinema
– Produtor/Distribuidor, José María Morales Wanda Films
– Empresas Audiovisuais, Nuria Paniagua InfoTV (Membro da Xunta Directiva de AITE )
– Distribución/Exhibición, Javier Alonso de Google/ Vídeo

Día 1. Sesión de tarde de 16.00h a 19.00h: Mesa redonda sobre la cinematografía digital galega: situación actual, previsiones de futuro.
– Suso Bello. Director de Fotografía
– Xavier Eiriz. Dtor de produción
– Guillermo Represa. Montador
– Mario Iglesias. Director/ Produtor A CONFIRMAR
– Miguel Asensio. Produción executiva A CONFIRMAR
– José Alberto. Sonido Área 5.1
– Susana Maceiras. Produtora Adivina Producciones.

M E T O D O L O X Í A e M A T E R I A I S

O desenvolvemento dos Encontros pretende relacionar tódolos procesos que interveñen na creación da imaxe dixital, de tal xeito que os asistentes poidan ter unha idea global da cinematografía dixital en toda a súa complexisdade. Son moitos os profesionais que interveñen na consecución de imaxes, e por elo, parécenos interesante crear Encontros entre os distitnos responsables do proceso. As Mesas serán completamente abertas á intervención dos asistentes en calquera intre que o consideren oportuno, de tal xeito que o Encontro sexa precisamente iso: un lugar onde todos poidamos preguntar e compartir experiencias con aquelas persoas que levan xa moitos anos na imaxe dixital.

Materiais: Sala con proxección de 35mm e vídeo dende un DVD ou Betacam digital
Proxección dende un portátil.
Técnico da sala.
Na sala: Pequeno atril para a presentación de probas proxectadas
Mesa para os relatores, con son para a sala.

Sé do Foro: CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe. Rúa Durán Loriga, 10 baixo. 15003 A Coruña. Galicia – España Tel.(34)981203499 info@cgai.org

Como colofón deste novo Foro Academia Aberta’06, celebrarase a Cea Anual d@s soci@s da Academia Galega do Audiovisual, coa Entrega da Medalla de Ouro.

Categoría: Noticias
Etiquetas: