Tras o seu paso no mes de maio polos festivais latinoamericanos de Oaxaca (México) e Toronto (Canadá) “O neno de barro” esta seleccionado nos Festivais de Xangai (SIFF), Río de Janeiro (Cinesul) e no 11º Festival de Cine Español de Australia que terán lugar durante o próximo mes de xuño.
O Festival Internacional de Cine de Xangai (SIFF), de categoría A, exhibirá por primeira vez en Asia a película de Algora, na súa sección oficial Panorama, este festival é a maior plataforma de distribución cinematográfica nesa área do planeta.

En Australia, “O neno de barro” percorrerá as cidades de Sydney, Canberra, Melbourne, Brisbane e Perth dentro das películas que se exhibirán como homenaxe a Maribel Verdú, xunto a Siete mesas de billar francés, de Graza Querejeta, Belle Epoque, de Fernando Trueba, Tú mamá también, de Afonso Cuarón e Oviedo Express, de Gonzalo Suárez.

Para o seu noveno encontro con Latinoamérica “O neno” participará en Cinesul, un festival brasileiro que cumpre agora quince anos e que destaca as mellores obras cinematográficas de 2007. Cinesul celébrase do 17 ao 29 de xuño en Río de Janeiro.