NOVAS DO SECTOR: SELECCIÓN GALEGA. SETENTA ANOS DESPOIS

26 / 12 / 2006

Este é un documental producido por Alén Filmes, Zopilote e Televisión de Galicia. Dirixido por Carlos Ares e Diego Méndez.
Despois de setenta anos, a Selección Galega de fútbol disputou un partido en Decembro do 2005. Galicia foi a derradeira das comunidades históricas de España en decidirse a formar unha selección de seu, a pesares das reclamacións e compromisos feitos públicos por futbolistas, técnicos e afeccionados. Este partido foi pois un encontro moi especial. SELECCIÓN GALEGA. SETENTA ANOS DESPOIS

Este é un documental producido por Alén Filmes, Zopilote e Televisión de Galicia. Dirixido por Carlos Ares e Diego Méndez.

Despois de setenta anos, a Selección Galega de fútbol disputou un partido en Decembro do 2005. Galicia foi a derradeira das comunidades históricas de España en decidirse a formar unha selección de seu, a pesares das reclamacións e compromisos feitos públicos por futbolistas, técnicos e afeccionados. Este partido foi pois un encontro moi especial.

A paixón que esperta o fútbol é dificilmente explicable desde un punto de vista racional. Se tiveramos que resumir a historia que imos contar no documental, diríamos que é a historia dun sentimento, o da emoción de ver xogar á Selección Galega.

Estivemos cos xogadores e o corpo técnico, pero tamén con ex-xogadores como o mítico Marcelino e con varios afeccionados (os familiares do xogador, residente en Suíza, Ricardo Cabanas; a irmá do xogador da selección uruguaia e descendente de galegos Salgueiro e os presidentes das Peñas Celtista e Deportivista de Vilalba que foron xuntos ó partido)

En definitiva, o documental será unha película que terá como protagonistas a varios galegos e galegas, que desde puntos de partida –xeográficos e vitais- diferentes, van asistir a un encontro histórico, o primeiro partido da moderna Selección Galega de fútbol.

Se alguén dixo que o fútbol é emoción, este documental é unha boa mostra.

Equipo do documental:

Directores e produtores executivos: Carlos Ares e Diego Méndez
Guión: Carlos Meixide, Carlos Ares, Diego Méndez
Música: Piti Sanz
Director fotografía: Juan Morgade.
Montaxe: Martín Fiallega.
Son: Pablo Ramos.
Xefe de producción. Martín Ramudo.

Contacto: Carlos Ares 629868464 ares@zopilote.tv
Diego Méndez 610228447 alenfilmes@yahoo.es

Categoría: Noticias
Etiquetas: