O luns 12 de marzo comeza o prazo de envío de guións de curtametraxes para participar na sección oficial do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuíto 07, e que leva por título Compostela Plató.
O LUNS COMEZA O PRAZO PARA ENVIAR GUIÓNS Ó CONCURSO COMPOSTELA PLATÓ DE GUIÓNS PARA CURTAMETRAXES

Este concurso do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, CURTOCIRCUÍTO, circunscríbese só ó territorio español

Sábado, 10 de marzo 2007

O luns 12 de marzo comeza o prazo de envío de guións de curtametraxes para participar na sección oficial do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuíto 07, e que leva por título Compostela Plató.

Esta é a primeira das actividades programadas no Festival Internacional ata o mes de outubro, data na que se celebra a Semana Oficial: do 16 ó 20 outubro.

Tal como aconteceu xa con Quérote mal e Bechos raros (anos 2005 e 2006), o obxectivo deste concurso é a produción e rodaxe do guión gañador –para o que están destinados 40.000 ¤- e a súa posterior distribución nunha ampla rede de Festivais nacionais e internacionais. A curta gañadora será estreada na Gala de Entrega de Premios que clausurará o Festival o sábado 20 de outubro.

Ata o 27 de abril os autores, nacidos ou residentes en territorio español, poderán enviar as súas obras de temática libre, escritas en galego ou castelán e que o 80% dos seus escenarios, interiores e exteriores, poidan estar localizados en Santiago de Compostela.

O xurado, integrado por profesionais do sector, fallará o premio o 14 de maio de 2007, malia que se esperarán 48 horas para que @ gañador/a comunique oficialmente a aceptación ou rexeitamento do premio. A rodaxe da curta gañadora está prevista para a semana do 4 ó 10 de xuño.

Os interesados en participar, poden consultar as bases e outra información de interese na páxina web do festival www.curtocircuito.org.

Gabinete de Comunicación da
IV Festival Internacional de Curtametraxes CURTOCIRCUITO
prensa@curtocircuito.org
981 55 48 71 e 665 67 88 40