Dentro das actividades que organiza CICA (Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais) o vindeiro venres, día 27 de abril estará na Coruña, David Recasens, Director de licensing e comercial de CROMOSOMA. O LICENSING, A EXPLOTACIÓN COMERCIAL DE PRODUTOS AUDIOVISUAIS E O MERCADO AMERICANO DE CINE

Dentro das actividades que organiza CICA (Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais) o vindeiro venres, día 27 de abril estará na Coruña, David Recasens, Director de licensing e comercial de CROMOSOMA. Recasens é responsable da explotación comercial de licenzas de Produtos derivados das Propiedades producidas e gestionadas por esta empresa como As Tres Mellizas, Tom e Juanito Jones, entre outros. O sábado Michel Ruben explicará o mercado de cine americano. Michel Ruben foi durante dez anos o responsable do departamento internacional de El Deseo, compañía de Agustín e Pedro Almodóvar. Foi produtor asociado das películas Todo sobre mi madre, Hable con ella, El espinazo del diablo, Remake e My life without me. Traballou tamén para HBO, a prestixiosa canle de pago estadounidense, coa que presentou en Cannes, The life and the death of Peter Sellers e La niña santa. Coordinou a presentación da película ELEPHANT de Gus Van Sant no Festival de Cannes, donde a película foi premiada ca Palma de Oro e Premio ao Mellor Director.