Lida Beath, Catherine Buresi, Jacques Laurent e Enrique Nicanor, estarán en Tui os día 23 e 24 de marzo co obxectivo de entrar en contacto e contrastar experiencias con realizadores, produtores e profesionais do sector audiovisual galego. Estes catro acreditados profesionais falarán da situación do mercado audiovisual en Europa e abordarán temas tan transcendentes como o do financiamento de produtos audiovisuais, tendencias, mercados, etc O Festival de Documentais de Tui convoca un encontro con importantes personalidades do audiovisual europeo.

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui cuxa terceira edición terá lugar de 21 ao 25 de marzo de 2007, convoca, co apoio da Axencia Audiovisual Galega, un encontro con figuras relevantes do audiovisual europeo.

Lida Beath, Catherine Buresi, Jacques Laurent e Enrique Nicanor, estarán en Tui os día 23 e 24 de marzo co obxectivo de entrar en contacto e contrastar experiencias con realizadores, produtores e profesionais do sector audiovisual galego. Estes catro acreditados profesionais falarán da situación do mercado audiovisual en Europa e abordarán temas tan transcendentes como o do financiamento de produtos audiovisuais, tendencias, mercados, etc.

Catherine Buresi é actualmente a responsable do programa EUROMED, da Comisión Europea, cuxos obxectivos son dotar de posibilidades de formación, desenvolvemento, promoción, e distribución aos profesionais do audiovisual. traballou en como xefa executiva do EAVE, programa de formación europeo dirixido a produtores. Doutra banda, Jacques Laurent, é co-fundador de Capnetwork, asociación para promover o desenvolvemento de proxectos e eventos audiovisuais internacionais, e foi responsable da unidade de documentais da canle ARTE entre 1995 e 2005. Linda Beath, pola súa banda, é experta en financiamento audiovisual e tamén membro do EAVE, é na actualidade a coordinadora de Crosssroads, Forum de Coprodución do festival de Thessaloniki.

Finalmente o festival contará, un ano máis, coa presenza de Enrique Nicanor. Presidente do Xurado da edición 2006 de Play-Doc, e membro do Board ademais de experto de EAVE, programa MEDIA da Unión Europea.

Play-Doc considera que se trata dunha oportunidade única para produtores, programadores, realizadores e profesionais do audiovisual, que desexen coñecer a situación do mercado máis aló das nosas fronteiras e descubrir novas oportunidades para o desenvolvemento dos seus proxectos. A organización do festival, invita a todo o sector a participar nesta actividade que se levará a cabo durante as mañás dos días 23 e 24 de Marzo na sé de Play-Doc.

Estas xornadas son posibles grazas ao apoio e a colaboración entre a Axencia Audiovisual Galega e Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui.

Todos aqueles que desexen participar nestas xornadas abertas deban poñerse en contacto co festival en www.play-doc.com o no 986 60 71 61.