Dos É UNHA COPRODUCIÓN INTERNACIONAL ENTRE FILMANOVA INVEST, RIOJA AUDIOVISUAL, TAZNIA MEDIA, NADA MUSIC, INFINITY E A PRODUTORA BRITÁNICA FILM&MUSIC ENTERTAINMENT
Filmanova Invest participa nesta longametraxe un thriller dirixido polo experimentado realizador televisivo Guillermo Groyzard en torno á clonación humana protagonizado por Adriá Collado (popular protagonista da serie televisiva Aquí no hay quien viva), Lucía Jiménez (Los dos lados de la cama) e José Mª Pou. FINALIZA A RODAXE DE DOS, UN THRILLER PROTAGONIZADO POR LUCÍA JIMÉNEZ E ADRIÁ COLLADO

DOS É UNHA COPRODUCIÓN INTERNACIONAL ENTRE FILMANOVA INVEST, RIOJA AUDIOVISUAL, TAZNIA MEDIA, NADA MUSIC, INFINITY E A PRODUTORA BRITÁNICA FILM&MUSIC ENTERTAINMENT

Filmanova Invest participa nesta longametraxe un thriller dirixido polo experimentado realizador televisivo Guillermo Groyzard en torno á clonación humana protagonizado por Adriá Collado (popular protagonista da serie televisiva Aquí no hay quien viva), Lucía Jiménez (Los dos lados de la cama) e José Mª Pou.

O pasado día 13 de decembro rematou en Móstoles (Madrid) a rodaxe da película. La Rioja, Madrid, Cantabria, Londres e distintos pobos dos arredores da capital foron outros dos escearios escollidos.

Filmanova Invest continua así a sua líña de coproducción internacional investindo na sua décimoterceira longametraxe , neste caso abordando un novo xénero, o thriller.
DOS é un film que non deixará indiferente. Porque o seu estilo visual, moderno e dinámico, o ritmo ora rápido ora pausado, sirven de apoio a unha historia contemporánea, con personaxes que evolucionan e deciden cousas importantes ó longo da película.
A estrea en salas comerciais está prevista para 2007.
Cani Martínez
directora comercial
cani@filmanova.com
mª luisa durán marquina, 20-1º.
15011 a coruña. spain
telf.: + 34 981 160 188
fax: + 34 981 145 303
www.filmanova.com