NOVAS DO SECTOR: ESTREA COMERCIAL DE DE PROFUNDIS. CHEGA AOS CINES A CANDIDATA AO GOYA A MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN

11 / 01 / 2007

Queremos anunciar que a semana que ven terá lugar a estrea comercial en cines de DE PROFUNDIS, a película dirixida por Miguelanxo Prado e con música de Nani García, como sabedes nomeada ao Goya a Mellor Película de Animación. Así os espectadores poderán desfrutar nos cines a partir do 19 de xaneiro desta obra máxica creada polos dous artistas galegos. ESTREA COMERCIAL DE DE PROFUNDIS. CHEGA AOS CINES A CANDIDATA AO GOYA A MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN

Queremos anunciar que a semana que ven terá lugar a estrea comercial en cines de DE PROFUNDIS, a película dirixida por Miguelanxo Prado e con música de Nani García, como sabedes nomeada ao Goya a Mellor Película de Animación. Así os espectadores poderán desfrutar nos cines a partir do 19 de xaneiro desta obra máxica creada polos dous artistas galegos.

Con ocasión de tales acontecementos queremos convidarvos a unha presentación especial en Galicia o vindeiro xoves 18 de xaneiro. Nela teredes a oportunidade de ver por primeira vez nunha sala de cine a versión cinematográfica da película. Acto seguido os autores Miguelanxo Prado e Nani García, así como os produtores, poderán contestar ás vosas preguntas e comentar a expectación xurdida ante a nominación ao Goya, que se entregará unha semana máis tarde.

A presentación será como sigue:

DIA: XOVES 18 XANEIRO

LUGAR: Cines FILMAX, Centro Comercial EL PUERTO – Sala 4.

11:00 h. Proxección especial para prensa
12:30 h. Rolda de prensa.

Asistirán o director Miguelanxo Prado, o compositor Nani García, a produtora executiva Chelo Loureiro, o produtor Pancho Casal así como representantes de Cabreiroá e a TVG.

Ás 21:00 h terá lugar tamén a preestrea cinematográfica para distintos persoeiros convidados, que será tamén nos mesmos cines Filmax.

Tanto o director como compositor e o resto do equipo están á vosa disposición para todo tipo de entrevistas individuais. Dado que os vindeiros días serán de intensa promoción por distintas cidades, se estades interesados en calquera entrevista persoal por favor comunicadeo en canto sexa posible.

De Profundis é unha produción de Continental Animación, Desembarco Producións e Zeppelín Filmes. Conta coa participación de TVE e coa produción asociada de Cabreiroá, TVG e o Consorcio Para a Promoción da Música. Así mesmo conta co apoio de ICAA, Eurimages e a Xunta de Galicia. A música da película foi interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia, mesturada nos estudios Bruar e gravada en Mans Scoring Stage de A Coruña.

Se precisades máis información podedes poñervos en contacto con Alberto Pereira no 981 213 637 ou no 647 493 197.

Categoría: Noticias
Etiquetas: