A Escola de Imaxe e Son de Lugo continua mañá co seu proxecto de achegar a televisión á rúa. Nesta volta, a gravación terá lugar no recinto do IES da Piringalla, na rúa Angelo Colocci, a partir das once e media da mañá. Con antelación, levaránse a cabo os traballos de instalación da unidade móvil e a carpa na que se situará o set de presentación ALUMNOS DA ESCOLA DE IMAXE E SON VOLVEN Á SACAR A TELEVISIÓN Á RÚA

A Escola de Imaxe e Son de Lugo continua mañá co seu proxecto de achegar a televisión á rúa. Nesta volta, a gravación terá lugar no recinto do IES da Piringalla, na rúa Angelo Colocci, a partir das once e media da mañá. Con antelación, levaránse a cabo os traballos de instalación da unidade móvil e a carpa na que se situará o set de presentación.

O programa, tipo magazine, contará coa axuda dos alumnos do IES A Piringalla, concretamente do Ciclo Medio de Perruquería e do Ciclo Superior de Estética, que quixeron colaborar ca Fundacion TIC amosando en directo algunhas das técnicas máis modernas e sofisticadas coas que habitualmente traballan nas aulas.

Como é habitual neste tipo de programas, tampouco faltará a música. Nesta ocasión a parte musical correrá a cargo do grupo coruñés de reggae Taru e os páxaros coiro.