NOVAS DO SECTOR: ABERTA A CONVOCATORIA DA IV EDICIÓN DOS PREMIOS EGANET 2006, EN NOVE CATEGORÍAS

15 / 02 / 2007

Todas aquelas empresas, asociacións, entes públicos e calquera organismo con sede social en Galicia que realizasen proxectos no sector das TICs durante o pasado ano poden optar aos premios EGANET, que anualmente convoca a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías, e cuxo prazo de presentación de candidaturas queda aberto dende hoxe ABERTA A CONVOCATORIA DA IV EDICIÓN DOS PREMIOS EGANET 2006, EN NOVE CATEGORÍAS

Todas aquelas empresas, asociacións, entes públicos e calquera organismo con sede social en Galicia que realizasen proxectos no sector das TICs durante o pasado ano poden optar aos premios EGANET, que anualmente convoca a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías, e cuxo prazo de presentación de candidaturas queda aberto dende hoxe. Estes galardóns recoñecen “o talento dos creadores e a calidade dos traballos” desenvolvidos por empresas e persoas que realizan a súa actividade en Galicia e contribúen á difusión e desenvolvemento da Sociedade da Información e de Internet, tal e como puxeron de manifesto esta mañá os Vicepresidentes de EGANET, Miguel Bugarín e Manuel Pan, no trascurso da rolda de prensa celebrada no Club Internacional de Prensa en Santiago para presentar as bases da IV edición destes Premios.
Os interesados dipoñen dun mes para presentar as súas candidaturas, posto que o prazo comeza hoxe 15 de febreiro e rematará o vindeiro día 15 de marzo. A presentación das candidaturas poderá facerse por calquera destas tres vías:

-cumprimentando o formulario que aparece na web www.premioseganet.com
-descargando o formulario “.doc” que aparece na web e enviando á dirección de correo candidaturas@premioseganet.com
– ou por correo postal na seguinte dirección: EGANET- Edif. Uninova (Recinto Mercagalicia); Vía La Cierva s/n Políg. Ind. do Tambre. 15890 Santiago de Compostela.
9 categorías e un Premio Especial EGANET
Os premios EGANET foron creados para estimular a creación dos empresarios e profesionais que, sentíndose comprometidos coa expansión de Internet en Galicia, deseñan, programan e desenvolven produtos e servizos que teñen na rede a súa razón de ser. Asemade, EGANET pretende promocionar e servir de plataforma de lanzamento para os proxectos realizados de xeito íntegro por empresas galegas no campo das tecnoloxías da información. A convocatoria establece nove categorías e un Premio Especial EGANET:

-Premio INICIATIVA: Poden optar as empresas galegas constituidas por menores de 35 anos que desenvolvan un proxecto empresarial con menos de 3 anos, relacionado con Internet.

-Premio SOFTWARE LIBRE: Para distinguir o uso e a difusión de tecnoloxías de código aberto (como Linux) tanto por parte de empresas privadas como de administracións públicas.

-Premio NET-ART: Para a mellor web ou produto interactivo galego na integración de distintos medios (texto, audio, vídeo…).

-Premio COMUNICACIÓN-WEB: Para portais e páxinas web galegos, corporativos ou empresariais, xenéricos ou sectoriais, buscadores locais ou autonómicos, que non supoñan unha actividade de comercio electrónico.

-Premio COMUNICACIÓN-WEB INSTITUCIONAL: Premiarase os portais e páxinas web de institucións oficiais, asociacións empresariais ou deportivas e entes públicos galegos, valorándose o seu deseño, funcionalidade e utilidade, así como a súa orientación de cara ao cidadán.

-Premio á mellor APLICACIÓN ON-LINE: Incluirá as aplicacións e módulos que resulten de utilidade principalmente na empresa que teña como eido de aplicación a Internet, aínda que poida explotarse dende outros ámbitos (Intranets, redes móbiles,etc.). Tamén terán cabida nesta categoría os desenvolvementos que utilicen dispositivos de mobilidade, pda´s, teléfonos móbiles (non se considerará mobilidade portátiles nin tablepc), que utilicen unha tecnoloxía inalámbrica (bluetooth, 802.11x, irda…)

-Premio E-COMERCE: Para as iniciativas empresariais que integren a Rede na súa estrutura de negocio no que sería un uso axeitado do comercio electrónico (non necesariamente orientado á venda a usuarios finais).

-Premio a MELLOR CAMPAÑA PUBLICITARIA NA REDE: Nesta categoría poderán participar tanto axencias de publicidade como anunciantes, valorándose a planificación e a creatividade das campañas creadas por profesionais galegos.

-Premio TECNOLOXÍA ACCESIBLE: Para as iniciativas que vaian dirixidas a facer as tecnoloxías accesibles para aqueles que se atopan nunha situación de desventaxa, como as persoas maiores e as persoas con discapacidade ou mobilidade reducida, sinxela de empregar e práctica, de xeito que sexa atractiva para todos os usuarios.

-Premio Especial EGANET: A Asociación outorga este premio ao proxecto, entidade ou personalidade galega que dende a última edición dos Premios, máis contribuira a dar a coñecer e impulsar a realidade galega no contorno Internet. Para este premio non se recibirán candidaturas e será a Asociación quen elixa ao gañador.
O xurado relizará unha primeira selección de tres finalistas por categoría, dando a coñecer finalmente o nome dos gañadores no trascurso da gala de entrega dos Premios, que se celebrará o día 29 de marzo en Santiago de Compostela.

Categoría: Noticias
Etiquetas: