Trala boa acollida obtida pola segunda edición do programa de promoción de documentais galegos, DOCS GALICIA, o Consorcio Audiovisual de Galicia vai lanzar proximamente a súa terceira edición.
A segunda edición do programa caracterizouse pola novidade de incorporar unha axuda de 4.500 euros para cada unha das produtoras seleccionadas, para levar a cabo a promoción internacional da súa obra, alén da promoción que xa fai o Consorcio Audiovisual de Galicia.

Como xa se fixera en anteriores edicións, nesta elaborarase un catálogo que conterá as obras seleccionadas subtituladas ao castelán (se a versión orixinal é en galego), inglés e francés, e difundirase nos festivais máis relevantes do xénero e nos mercados máis importantes internacionalmente como o Sunny Side of the Doc de La Rochelle ou o Mercadoc a nivel nacional. Ademais seguirase mantendo a axuda establecida na segunda edición para a promoción.

Máis información:

Consorcio Audiovisual de Galicia
www.consorcioaudiovisualdegalicia.org
proxectos@consorcioaudiovisualdegalicia.org