O vindeiro 30 de abril remata o prazo de presentación de orixinais para a elección do cartel anunciador da XII edición do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, que terá lugar entre o 17 e o 24 de novembro na nosa cidade. O 30 DE ABRIL REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS DO CONCURSO PARA A ELECCIÓN DO CARTEL ANUNCIADOR DA XII EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE OURENSE

O vindeiro 30 de abril remata o prazo de presentación de orixinais para a elección do cartel anunciador da XII edición do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, que terá lugar entre o 17 e o 24 de novembro na nosa cidade.
Os traballos que se presenten deberán ser orixinais e inéditos, con tema libre, se ben será imprescindible que anuncien o Festival. Igualmente, ademáis do nome completo do certame e a data de celebración, no cartel deberá incluirse a lenda: Foro Cinematográfico do Eixo Atlántico e un espacio para a colocación dos logotipos dos patrocinadores. O cartel respetará as medidas de 70 cm. de altura por 50 cm. de ancho e será confeccionado en sentido vertical. A súa execución será en cuatrocomía. Deberá ser presentado en soporte ríxido e en formato electrónico para a súa posterior reproducción. Establécese un único premio de 600 euros para o gañador.
Os traballos poden ser enviados por correo (Apartado 664) ou presentados directamente nas oficinas do Festival, na rúa Isabel a Católica, número 1, baixo, de Ourense (baixo os xardinillos do Padre Feijóo).
Na páxina web www.ourencine.org pódense consultar as bases oficiais ao completo da convocatoria.

Noutra orde de cousas, a vindeira semana o Festival Internacional de Cine Independente de Ourense estará presente en Zaragoza na Asamblea constituínte da Red Estatal de Festivales de Cine, de cuia Comisión Xestora formou parte nos últimos dous anos. Remátase así un traballo preliminar no que se foron definindo a normativa e os estatutos que rexirán esta asociación.

Tamén na vindeira semana, o Festival de Cine colaborará activamente coas Xornadas que sobre Emigración e Inmigración organiza a Cruz Roxa os dias 23-24 e 25 no Centro Cultural Deputación, nos que se farán proxeccións de traballos vencellados a este tema (como o de Un Franco,14 pesetas), aos que seguirá unha mesa redonda cada día con un debate central sobre esta actualidade social.