Scherezade en Galicia. As verbas de Nélida Piñón é un documental coproducido por IBISAtv, Televisión de Galicia e a produtora valenciana TATZEN, dirixido por Valentín Carrera, e que conta coa participación especial de Nélida Piñon, Carmela Pardal, Ánxela Bugallo, Suso de Toro e Luis G. Tosar.
Mañá venres 17 de novembro, ás 19:30 hs da tarde, no Club Internacional de Prensa de Santiago, terá lugar a primeira proxeción pública, seguida dun coloquio coa protagonista deste documental, que xira sobre a vida da escritora galego-brasileira Nélida Piñon.
Galicia documental

NÉLIDA PIÑON PROTAGONIZA O DOCUMENTAL SCHEREZADE EN GALICIA, COPRODUCIDO POR TVG, TATZEN E IBISATV QUE SE PRESENTA MAÑÁ NO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA ÁS 19,30 HS

• Rodado en Río de Xaneiro e en Cotobade, berce da escritora galego-brasileira

• Dirixido por Valentín Carrera, conta coa participación de Carmela Pardal; a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e os escritores Suso de Toro e Luis G. Tosar.

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16-XI. Scherezade en Galicia. As verbas de Nélida Piñón é un documental coproducido por IBISAtv, Televisión de Galicia e a produtora valenciana TATZEN, dirixido por Valentín Carrera, e que conta coa participación especial de Nélida Piñon, Carmela Pardal, Ánxela Bugallo, Suso de Toro e Luis G. Tosar.
Mañá venres 17 de novembro, ás 19:30 hs da tarde, no Club Internacional de Prensa de Santiago, terá lugar a primeira proxeción pública, seguida dun coloquio coa protagonista deste documental, que xira sobre a vida da escritora galego-brasileira Nélida Piñon.
O Orograma estrearase proximamente na Televisión de Galicia, no espazo Galicia documental que se emite os sábados ás 16:00 hs da tarde. Ó longo de 27 minutos, Scherezade en Galicia retrata a Nélida ó traveso das súas propias verbas: así, aparece sucesivamente a Nélida pícara, a comprometida socialmente, a que escribe, a nova Scherezade, a que quere ser Simbad e a nena que viviu na aldea de Galicia onde naceron os seus avós, Cotobade. Nélida é todas elas, na procura de saber, finalmente, de verdade, quen son eu.

Unha moderna Scherezade galega
Agosto de 2006. Amence en Río de Xaneiro. Nélida Piñon, brasileira recente, é unha muller que escribe na súa casa. Toda a súa vida foi escritora. Unha Scherezade imaxinaria –a quen dá vida a xornalista compostelana Carmela Pardal-, indaga de ónde lle veñen as palabras e as ideas que deixa escritas. Esta moderna Scherezade é a voz narradora: unha voz feminina e cálida que se expresa en galego e ó longo do documental, en delicado contrapunto ó doce acento brasileiro de Nélida.
O retrato comeza na casa de Nélida en Brasil, na Lagoa, onde aparece a Nélida nena e a súa infancia, chea de lembranzas . A segunda parte arranca coa chegada de Nélida a Galicia (eu non sabería vivir sen ter vivido en Galicia ós dez anos) e céntrase no libro A República dos soños, unha epopeia galego-brasileira co eixo da emigración, dos que gardan fidelidade a súa terra.
Aparece logo a relación de Nélida ca escritura, da que Suso de Toro di: Nélida compórtase sempre como unha escritora. As verbas son a materia do libro Voces do deserto e del, e da figura de Scherezade, muller libre e liberadora a través do relato, da palabra, é xustamente do que Nélida fala en compaña de Ánxela Bugallo.
Finalmente, aparece con rotundidade a dobre condición desta brasileiriña galega, ponte entre Galicia e Brasil, merecedora pola súa obra do Premio Príncipe de Asturias das Letras 2005.