MIRADAS ETNOGRÁFICAS, CICLO DE CINE DE OUTONO NO MUSEO ETNOLÓXICO DE RIBADAVIA

8 / 10 / 2013

Nos meses de outubro e novembro deste 2013 o Museo Etnolóxico de Ribadavia en colaboración co CGAI e o Museo do Pobo Galego programa o ciclo de cine de outono (II) “Miradas Etnográficas”.

Ata finais do vindeiro mes, os Vernes ás 20h, poderase gozar de oito documentais coa presenza dos directores dos filmes. A entrada é gratuíta.

 

Sábado 5 de outubro: ‘Avión, o pobo ausente’ (2012), de María e Marcos Hervera.

Venres 18 de outubro: ‘Fronteiras’ (2007), de Rubén Pardiñas.

Venres 25 de outubro: ‘Fóra’ (2012), de Pablo Cayuela e XanGómez Viñas.

Venres 8 de novembro: ‘Galicia’ (1966), de Claudio Guerin Hill, con guión de Álvaro Cunqueiro. ‘Xantares. Viaje gastronómico por Galicia’ (1968), de Pedro Olea con guión e comentarios de Álvaro Cunqueiro.

Venres 15 de novembro: ‘Torreiros’ (2012), de Pablo Ces

Venres 22 de novembro: ‘N-VI’ (2012), de Pela del Álamo.

Venres 29 de novembro: ‘Ventanas en el cuerpo’ (2012), de Gonzalo G. Palmeiro.

 

Para coñecer toda a información pódese consultar o folleto a continuación.

Categoría: Noticias
Etiquetas: