MATRIUSKA PRODUCCIONES PRESENTA O FILME «O CAZADOR» DE ÁNGEL SANTOS

2 / 01 / 2009

Mañá mércores 14 de xaneiro 2009, ás 12.30 horas, a Casa das Campás en Pontevedra acollerá a presentación da curtametraxe “O CAZADOR”, do director galego Ángel Santos Touza. O filme estréase este xoves 15 de xaneiro no Teatro Principal de Pontevedra.
“O CAZADOR” foi ganador do festival Filminho e considerado unha das mellores curtametraxes do ano segundo a prestixiosa revista Cahiers du Cinema-España. Na súa presentación oficial aos medios galegos, o cineasta Ángel Santos Touza estará acompañado polo productor da pélicula, Daniel Froiz Guede, así como polo protagonista da mesma, Lois Soaxe.

Ás 21:00 horas do día seguinte, xoves 15 de xaneiro, estréase o filme no Teatro Principal de Pontevedra. O acto conta coa presenza do director, Ángel Santos Touza, do productor e dos protagonistas. A entrada e libre ata completar aforo.

“O CAZADOR” é unha adaptación libre dun relato de Anton Chejóv e un proxecto de curtametraxe experimental. Dous actores sobre un escenario baleiro construíndo uns personaxes. Un cazador e unha campesiña que se atopan nun prado co peso dunha relación pasada nas súas costas. A construcción da emoción, a elaboración dunha ficción: da palabra á imaxe.

Categoría: Noticias
Etiquetas: