THE MASTER, MAÑÁ NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

16 / 04 / 2013

Dentro do ciclo de cinema de autor, o Cineclube Padre Feijoo proxecta este mércores 17 de abril, ás 18, 20:30 e 23 horas, no Cinebox Ourense “The Master” de Paul Thomas Anderson (2012, EE.UU).

Guión: Paul Thomas Anderson | Música: Jonny Greenwood | Fotografía: Mihai Malaimare Jr. | Reparto: Joaquin Phoenix, Philip Seymour Hoffman, Amy Adams, Laura Dern, Kevin J. O’Connor, Rami Malek, Jesse Plemons, Fiona Dourif, David Warshofsky, Lena Endre, Ambyr Childers | Productora: The Weinstein Company / Annapurna Pictures / Ghoulardi Film Company | Web oficial: http://www.themasterfilm.com/ | Distribuídora: Alta classic | Formato de exhibición: 35 mm, Cor, Ratio; 1.85:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán)

Premios:

2012: Festival de Venecia: Mellor director, Mellor actor (Phoenix & Hoffman), FIPRESCI

Sinopse:

Drama sobre a Igrexa da Ciencioloxía. Lancaster Dodd (Seymour Hoffman), un intelectual brillante e de fortes conviccións, crea unha organización relixiosa que empeza a facerse popular en Estados Unidos cara a 1952. Freddie Quell (Joaquin Phoenix), un mozo vagabundo, converterase na man dereita deste líder relixioso. Non obstante, cando a seita triunfa e consegue atraer numerosos e ferventes seguidores, a Freddie xurdiranlle dúbidas.

 

A presentación do filme comezara, 5 minutos antes da proxección, a cargo de Carlos Rafael Ramos

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: