A miniserie producida por Ficción Producciones para TVG, Mar Libre, dirixida por Dani de la Torre, ven de recoller a Placa de Ouro na categoría de Miniseries de Tv, no The 47th Chicago International Film Festival Hugo Awards. Mar Libre continúa así sumando distintos Premios e Galardóns en diversos Festivais de Cine de ámbito tanto galego como internacional, o que ven a corroborar a cualidade dos traballos audiovisuais que levamos a cabo en Galicia.

A miniserie Mar libre, ven de gañar tamén hai uns días, o Premio outorgado polo Xurado do 44º Festival Internacional de Cine de Houston, o WorldFest 2011, que se celebrou na devandita cidade estadounidense, e en Galicia, nos Premios Mestre Mateo 2010 convocados pola Academia Galega do Audiovisual, acadou tres estatuiñas: Mellor Película de Tv, Mellor Deseño de Vestiario a Eva Camiño e Mellor Interpretación Feminina Protagonista para María Vázquez.