MAÑÁ XOVES 15 COMEZA O III FORO ACADEMIA ABERTA QUE BUSCARÁ DEFINIR UNHA PRODUCIÓN AUDIOVISUAL GALEGA

14 / 12 / 2005

Mañá xoves 15 comeza en Santiago o III Foro Academia Aberta 2005 que organiza a Academia Galega do Audiovisual. Os elementos que definen unha produción galega, serán debatidos ó longo dos tres días de xornadas. O director e produtor de cine Enrique Nicanor, recollerá o vindeiro venres 16 de decembro a Medalla de Ouro que lle será entregada polo Presidente da Academia Galega do Audiovisual Manolo Gómez, segundo decicíu a Xunta Directiva da mesma.
MAÑÁ COMEZA O III FORO ACADEMIA ABERTA QUE BUSCARÁ DEFINIR UNHA PRODUCIÓN AUDIOVISUAL GALEGA

Na Cea de Gala do venres, Enrique Nicanor recollerá a Medalla de Ouro da Academia Galega do Audiovisual

A.G.A. mércores 14 decembro 2005.- Mañá xoves 15 comeza en Santiago o III Foro Academia Aberta 2005 que organiza a Academia Galega do Audiovisual. Os elementos que definen unha produción galega, serán debatidos ó longo dos tres días de xornadas. O director e produtor de cine Enrique Nicanor, recollerá o vindeiro venres 16 de decembro a Medalla de Ouro que lle será entregada polo Presidente da Academia Galega do Audiovisual Manolo Gómez, segundo decicíu a Xunta Directiva da mesma.

A Academia Aberta 05 celebrarase os días 15, 16 e 17 de decembro no Hotel AC Palacio del Carmen, en Santiago de Compostela. O Foro arrincará coa celebración de dous Obradoiros: un dedicado á Fotografía e dirixido a directores de fotografía, iluminadores, operadores e axudantes de cámara, así como a foquistas; e un segundo Obradoiro sobre Arte, aberto a decoradores, directores de arte, atrecistas, rexedores, axudantes e deseñadores.

Oficios da Fotografía cinematográfica

Coordinado por Alfonso Parra, comezará o primeiro Encontro mañá ás 10:00, e nel, Alfonso Parra, director de Fotografía, Miguel A. Rodríguez, Xefe de Eléctricos, e Ramiro Sabell, Axudante de Cámara, exporán e afondarán no Proceso da creación fotográfica durante unha rodaxe. Logo, xa na tarde, de 16:00 a 19:00 horas, de novo Alfonso Parra, xunto con Pepe Jordana, coordinador de Efectos Dixitais, e Miguel Pérez, Eatalonador de Laboratorio, falarán do Desenvolvemento do proceso fotográfico na postprodución.

Nesta mesma xornada, en horarios de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00, Emilio Ruíz del Río conducirá outro Encontro sobre as Trucaxes e Maquetas no Cine e na Televisión.

A xornada do venres

Un Encontro conxunto de Fotografía e Arte será o contido da segunda xornada do Foro, que versará sobre o Desenvolvemento das ideas, o espazo cinematográfico, a cor, plantas e alzado. A rodaxe. Serán Emilio Ruíz, Alfonso Parra, Marta Villar e Suso Bello, quen conduzan de 10:00 a 13:00 horas esta Mesa.

Xa na tarde, de 16:00 a 18:00 horas, terá lugar unha nova Mesa conducida por Pepe Coira, quen fará unha Exposición do modelo de Cataluña, de Québec e de Irlanda. De 18:00 a 20:00 horas, outra Mesa formada por representantes de actores, directores, guionistas, produtores e técnicos, conformarán un Debate Aberto cos asistentes.

Pola noite, arredor das 22:00 horas, celebrarase a Cea de Gala dos Socios da Academia, na que se levará a cabo a entrega da Medalla de Ouro ó relevante persoaxe do mundo audiovisual non só galego, senón tamén internacional, Enrique Nicanor.

Clausura do 17

Esta derardeira xornada comezará ás 11:00 da mañá, e rematará ás 13:00 horas, e nela, presentaranse as conclusións da xornada anterior, así como por parte da Adminsitración, a súa proposta sobre o que é unha Produción Galega. Esta Mesa será coordinada polo Presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez. Participarán nela Manuel Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual; Jesús M. Iglesias Díaz, director da TVG, e Manuel González Álvarez, asesor en materia de Audiovisual da Consellería de Cultura, e profesor da Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra.

Categoría: Noticias
Etiquetas: