Mañá mércores 30 de maio no Cinebox de Ourense ás 18.00, 20.30 e 23.00h, proxectase o filme Cirkus Columbia de Danis Tanovic. Con esta proxección remata o ciclo Os Imperdibles que o Cineclube Padre Feijoo organizou conjuntamente co Festival de Cine Independente de Ourense.

O Cineclube está a preparar no mes de xuño sesións de cine na praza para os meses de xullo e agosto, nos que retomará a actividade ao aire libre.

CIRKUS COLUMBIA

(2010, Bosnia / Herzegovina)

Dirección: Danis Tanovic | Guión: Danis Tanovic (Novela: Ivica Djikic) | Fotografía: Walther van den Ende | Reparto: Miki Manojlovic, Boris Ler, Mira Furlan, Jelena Stupljanin, Mario Knezovic, Milan Strljic, Svetislav Goncic, Almir Mehic, Ermin Bravo, Mirza Tanovic | Productora: Coproducción Bosnia-Herzegovina-Francia-Reino Unido-Alemaña-Eslovenia-Bélxica-Serbia; 2006 / Art & Popcorn / Asap Films / Autonomous / Man’s Films / Razor Film Produktion GmbH / Studio Maj | Formato:35 mm | Xénero: Drama, guerra de Bosnia | Duración: 113 min. | V.O.S.

Premios

2010: Laranxa de ouro, mellor filme de lingua extranxeira; Antalya Golden Orange Film Festival (Turquía)

Sipnose: Bosnia-Herzegovina, 1991. Os comunistas perderon o poder e Divko Buntic volta ao seu pobo a reclamar a casa familiar. Tras vinte anos de exilio en Alemaña, regresa, nun ostentoso “Mercedes” cunha moza moi nova, con Bonny, o gato negro da sorte, e cos petos cheos de marcos alemáns. Utiliza o seu diñeiro e as súas relacións para desafiuzar á forza, á súa ex-esposa Lucija. Ocupados nas actividades cotiás, os habitantes do pobo, non fan caso dos rumores de guerra…