MAÑÁ PRESÉNTASE NA CORUÑA A PELÍCULA «ABRÍGATE» DIRIXIDA POR RAMÓN COSTAFREDA

22 / 05 / 2008

Mañá venres prestréase nos Cines Filmax da Coruña a película “Abrígate”, dirixida por Ramón Costafreda e producida por Continental, SB Producciones, Patagonik e Oberón Cinematográfica, en produción asociada con TVG.
Na presentación do film estarán presentes o director mailos actores protagonistas Féliz Gómez, Manuela Pal e María Bouzas, así como os produtores. Na película actúan tamén Javier Lombardo e Celso Bugallo, entre outros actores galegos.

Con música de Arturo Vaquero e Xabier Font e cancións interpretadas por Uxía, “Abrígate” é Premio do Público, premio Mellor Actriz María Bouzas e premio de TVE no Festival de Lleida.

A película conta coa participación de TVE, coa colaboración de ICAA, Cine Argentino, Audiovisual S.G.R., así como co apoio da Xunta de Galicia, ICIC, Ibermedia e Raíces. Latido Films encárgase das vendas internacionais.

E ti, ¿de quén ves sendo?

Valeria cambiou o seu Bos Aires natal por Betanzos, unha vila daCoruña da que procede a súa familia. Excéntrica, soñadora e divertida, aos seus 25 anos atópase na encrucillada sentimental máis surrealista da súa vida: trala repentina morte do seu maduro e atractivo amante, namórase de Marcelo, o fillo do defunto.

A súa amiga Adela, dona da perruquería onde ambas traballan, vaina axudar a despexar a incógnita. E mentres tanto gozan cos seus veciños das pequenas alegrías, rinse das penas e fantasean con ter unha vida diferente (inspirada quizais nos carteis parisinos que decoran a perruquería..).

Un fermoso relato sobre o afán universal de descubrir a propia identidade, descifrar a colectiva e vivir o amor nunha terra que nada ten que envexar aos bulevares de París.

Máis información sobre o film:

http://www.abrigatelapelicula.com/

Calendario de estrea nos cines

CORUÑA – CINES FILMAX
CARBALLO – CINES BERGANTIÑOS
FERROL – CINES BOX NARON
LUGO – CINES AS TERMAS
OURENSE – CINEBOX
SANTIAGO – CINES VALLE INCLAN
VIGO – GRAN VIA
PONTEVEDRA – CINEBOX

Categoría: Noticias
Etiquetas: