MAÑÁ MARTES 1 DE XUÑO REÚNESE O COMITÉ ORGANIZADOR DO CONGRESO GALEGO DO AUDIOVISUAL

31 / 05 / 2004

Mañá martes 1 de xuño, ás 11 da mañá, no Hotel Palacio do Carmen de Santiago de Compostela, reúnese o Comité Organizador do II Congreso Galego do Audiovisual. O Comité presentará e someterá a aprobación os contidos e a estructura do Congreso, así como a Imaxe de Identidade do mesmo. Ademais, elixiranse os membros que integrarán o Comité Científico –de expertos- que terá un peso decisivo en todo canto atinxe ós contidos que serán desenvolvidos ó longo do devandito Congreso. MAÑÁ MARTES 1 DE XUÑO REÚNESE O COMITÉ ORGANIZADOR DO CONGRESO GALEGO DO AUDIOVISUAL

Entre os temas a aprobar está a estructura e contidos do congreso

Mañá martes 1 de xuño, ás 11 da mañá, no Hotel Palacio do Carmen de Santiago de Compostela, reúnese o Comité Organizador do II Congreso Galego do Audiovisual. O Comité presentará e someterá a aprobación os contidos e a estructura do Congreso, así como a Imaxe de Identidade do mesmo. Ademais, elixiranse os membros que integrarán o Comité Científico –de expertos- que terá un peso decisivo en todo canto atinxe ós contidos que serán desenvolvidos ó longo do devandito Congreso. O orzamento estimativo que será preciso para acometer este importante evento que se celebrará en decembro deste ano en Compostela, é o último punto da orde do día que motiva esta xuntanza do Comité Organizador que preside Manolo Gómez, presidente da Academia Galega do Audiovisual que é quen este ano, organiza a segunda edición do Congreso. Un evento que tivo a súa primeira edición no 1993 e que hoxe, por mor da consolidación do sector, faise máis necesario ca nunca.

Xunto con Manolo Gómez, integran o Comité Organizador: o vicepresidente da Academia, Miguel Anxo Fernández, o membro da súa directiva, Manolo Abad; Mª Ignacia Ceballos –presidenta de AGAPI (Asociación Galega de Productoras Independientes)- e Ramón Domínguez, presidente de AEGA (Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual); Ignacio Varela, xerente do Consorcio Audiovisual Galego e director da Film Comission, Carlos Amil, presidente de CREA (Directores e Realizadores Asociados de Galicia), Julio Fernández, presidente do Clúster Audiovisual Galego, Xosé Rivadulla Corcón, presidente da AGAG (Asociación Galega de Guionistas), Javier Vidal García-Sánchez, delegado xeral da SGAE (Sociedad General de Autores de España), Isabel Blanco, delegada en Galicia de AISGE (Artistas, Intérpretes, Sociedad de Gestión), Cándido Pazó, presidente da AADTEG (Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia), Álvaro Caamaño, xerende da EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales), Carlso Carballo, director de programas da TVG e en representación da CRTVG; Domingo González, director do centro territorial de TVE en Galicia, Xosé López, membro do Consello da Cultura Galega; Ángel Cordero, director do I.E.S. Imaxe e Son, José María Paz Gago, director do Programa de Estudios Teatrais e Audiovisuais, Xaime Fandiño, decano da Facultade de Ciencias Sociais en representación da Universidade de Vigo, José Luís Cabo, director do CGAI, Luís Antonio Hernández Ibáñez, director do Master en Creación e Comunicación Dixital e Videolab, a Euloxio Ruibal, presidente da Asociación de Escritores en Língua Galega, e Ignacio Otero, titular da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

Categoría: Noticias
Etiquetas: