MAÑÁ CONTINUA O CINE DE OUTONO NO MUSEO ETNOLÓXICO DE RIBADAVIA

15 / 11 / 2012

Mañá venres, día 16 de novembro ás 20.00h no Museo Etnolóxico de Rivadavia proxectarase o filme “Los Materiales”.

LOS MATERIALES

2009

75 minutos (Branco e negro)

Colectivo Los Hijos

 

SINOPSE

A deslocalización no espazo e no tempo provocada na bisbarra de Riaño levaron á súa poboación ao desarraigamento, á perda de identidade, a unha constante rememoración dun tempo pasado. Los materiales afonda neste drama a través de imaxes de persoas inmóbiles, recortadas contra un horizonte sen perspectiva e de conversacións sobre a desorientación espacial e xeográfica, creando certa estética do desarraigo.

Categoría: Noticias
Etiquetas: