A Universidade Europea de Madrid e a Escola de Imaxe e Son de Vigo firmaron un acordo de colaboración entre ambas entidades. Comezarán a súa colaboración apoiando o acceso á formación universitaria, en concreto ao Grao en Comunicación Audiovisual e Multimedia, e ao Grao en Comunicación Publicitaria, orientada a profesionais do medio, con posibilidade de convalidar asignaturas pola experiencia profesional e polo tanto acadar a titulación en 2 anos aproximadamente.

Este Plan para Profesionais ofertase nun horario especial intensivo: venres tarde + sábado mañá e tarde. Para que sea máis cómodo, a Universidade Europea de Madrid impartirá parte dos estudos en Vigo. Gracias ao acordo de colaboración coa Escola de Imaxe e Son de Vigo, a Universidade Europea de Madrid impartirá parte da titulación na sede da Escola de Imaxe e Son de Vigo para que os desplazamentos disminúan. 

O 21 de setembro está prevista unha sesión informativa na sede da Escola de Imaxe e Son de Vigo ás 17:00 horas.