LUÍS CALDEVILLA VOLVE CO TIMELAPSE Á CORUÑA

28 / 10 / 2013

A Academia Galega do Audiovisual organiza os días 15 e 16 de novembro un obradoiro teórico-práctico sobre Timelapse, técnica fotográfica de composición de vídeos mediante a captura de imaxes fixas a intervalos, impartido polo pioneiro Luís Caldevilla.

Baixo o título “A arte de capturar o tempo”, tódolos asistentes aprenderán a realizar vídeos timelapse, dende a captura das imaxes ata o procesado destas e a súa publicación en Internet. Ademais mostraranse as máis novidosas técnicas e os diferentes usos comerciais e creativos nos que se emprega o timelapse, vendo diferentes exemplos.

As xornadas de tarde do venres e do sábado terán lugar nas instalacións do Centro Ágora (A Coruña), mentres que o sábado día 16 pola mañá sairase a gravar pola mañá ao paseo de Riazor. O número de prazas é limitado e cubriranse por estrita orde de inscrición.

Caldevilla, pioneiro da divulgación do timelapse en España, contaranos en qué consiste esta técnica de composición de vídeos mediante a captura de imaxes fixas a determinados intervalos de tempo. Ao longo da presentación ensinará aos presentes a capturar secuencias para crear “vídeos acelerados” e mostraranos os trucos que adoita empregar á hora de realizar os seus traballos.

A continuación tedes o programa das xornadas así como a folla de inscrición para participar no obradoiro de Timelapse.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: